Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 4 de xullo de 2017 Páx. 32567

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 21 de xuño de 2017, da Secretaría Xeral de Medios, polo que se notifica o acordo de iniciación do expediente sancionador SXMEDIOS 8/2017 en materia de prestación do servizo de comunicación audiovisual.

A secretaria xeral de Medios acordou a iniciación do expediente sancionador SXMEDIOS 8/2017 en materia de prestación do servizo de comunicación audiovisual.

Tras intentar a notificación do acordo de iniciación do expediente sancionador SXMEDIOS 8/2017 consonte os artigos 40 e 43 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a empresa que se relaciona a continuación non accedeu a ela e tampouco recibiu a comunicación regulada no artigo 30.3 da Lei 2/2017, do 8 de febreiro, de medidas fiscais, administrativas e de ordenación, que lle foi enviada por correo postal, polo que, mediante este anuncio, se notifica o acordo de iniciación de expediente sancionador SXMEDIOS 8/2017 para que teña coñecemento del.

Así mesmo, notifícaselle á interesada que dispón dun prazo de 15 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, para formular alegacións sobre o contido deste acordo de iniciación e achegar cantos documentos e información xulgue convenientes, sen prexuízo do trámite de audiencia regulado no artigo 82 da Lei 39/2015. Así mesmo, de conformidade co disposto no artigo 77 da Lei 39/2015, poderá propor proba concretando os medios dos que pretende valerse.

Poderá consultar o expediente nas dependencias desta Secretaría Xeral de Medios sita no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Advírteselle que antes da resolución do procedemento ten dereito ás reducións establecidas no artigo 85 da Lei 39/2015.

Expediente: SXMEDIOS 8/2017.

Denunciada: Universal Noticias, S.L.

CIF: B70126115.

Resolución: 5 de xuño de 2017.

Precepto infrinxido: artigo 57.6 da Lei 7/2010, xeral de comunicación audiovisual.

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2017

Mar Sánchez Sierra
Secretaria xeral de Medios