Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 3 de xullo de 2017 Páx. 32446

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A.

ACORDO do 1 de xuño de 2017 polo que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso de selección para a cobertura do posto de xerente.

Mediante o Acordo do 1 de marzo de 2017, publicado no Diario Oficial de Galicia número  69, do venres 7 de abril de 2017, anunciouse a convocatoria para a cobertura dun posto de xerente.

De conformidade co establecido nas bases reguladoras da convocatoria que rexe o proceso de selección convocado, establécese que o tribunal de selección o nomeará o Consello de Administración de Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A.

En virtude do anterior, o Consello de Administración realizado o 1 de xuño de 2017

ACORDOU:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso de selección para a cobertura do posto de xerente, coa composición que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2017

Heriberto García Porto
Presidente do Consello de Administración de Xestión
do Solo de Galicia-Xestur, S.A.

ANEXO
Tribunal

– Presidente:

Titular: Diego Jorreto Díaz, licenciado en Dereito, empregado de cadro da sociedade Xestur, S.A., que desempeña as súas funcións dentro do Departamento Xurídico na Unidade Territorial Sur.

Suplente: Belén López López, licenciada en Dereito, empregada de cadro da sociedade Xestur, S.A., que desempeña as súas funcións dentro do Departamento Xurídico na Unidade Territorial Sur.

– Secretario:

Titular: Daniel Durán Arriero, enxeñeiro de Camiños, Canais e Portos, empregado de cadro da sociedade Xestur, S.A., que desempeña as súas funcións dentro do Departamento Técnico na Unidade Territorial Sur.

Suplente: Pablo Núñez Otero, enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos, empregado de cadro da sociedade Xestur, S.A., que desempeña as súas funcións dentro do Departamento Técnico nos Servizos Centrais.

– Vogais:

Titular vogal 1: Ana Castaño Calviño, licenciada en Ciencias Políticas e da Administración, empregada de cadro da sociedade Xestur, S.A., que desempeña as súas funcións dentro do Departamento de Administración, Comercial e Servizos na Unidade Territorial Sur.

Suplente vogal 1: Mª del Carmen Leyenda Vilar, licenciada en Ciencias Económicas e Empresariais, empregada de cadro da sociedade Xestur, S.A., que desempeña as súas funcións dentro do Departamento de Administración, Comercial e de Servizos nos Servizos Centrais.

Titular vogal 2: Jorge Picouto Delgado, licenciado en Dereito, xefe do Servizo de Xestión de Recursos Humanos e de Réxime Interior do Instituto Galego de Vivenda e Solo.

Suplente vogal 2: Susana Mera Souto, licenciada en Dereito, xefa do Servizo Técnico-Xurídico do Instituto Galego de Vivenda e Solo.