Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 3 de xullo de 2017 Páx. 32354

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 21 de xuño de 2017 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes nesta consellería.

Mediante Orde do 6 de abril de 2017, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 76, do 20 de abril, convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes na Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da citada lei e polo artigo 17.4 do citado decreto,

RESOLVE:

Primeiro. Adxudicarlles o destino nos postos de traballo que se indican ás persoas funcionarias de carreira que se relacionan no anexo da presente orde.

Segundo. O cesamento no actual destino efectuarase, segundo o previsto no artigo 14 do citado Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, no prazo dos tres días contados a partir do seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para tomar posesión no novo destino obtido será de tres días hábiles, se non implica cambio de residencia, ou de sete días hábiles, se comporta cambio de residencia. Cando o/a adxudicatorio/a do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será de vinte días hábiles.

Terceiro. A xefatura do centro en que cause baixa a persoa funcionaria, así como a daquel en que obteña praza, realizará dentro dos prazos sinalados no punto anterior, as dilixencias de cesamento e toma de posesión das que se lle dará traslado á Dirección Xeral da Función Pública.

Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2017

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
P.D. (Orde do 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Apelidos e nome: María Sol González Regal.

NRP ou DNI: 3381360468 A206L.

Subgrupo: A1.

Corpo ou escala: especial.

Posto de traballo: directora da Biblioteca da Coruña.

Código do posto: ED.C99.50.101.15001.001.

Nivel: 26.

Centro directivo: Secretaría Xeral de Cultura.

Localidade: A Coruña.

Apelidos e nome: Jesús Torres Junquera.

NRP ou DNI: 3545750235 A206L.

Subgrupo: A1.

Corpo ou escala: especial.

Posto de traballo: director da Biblioteca de Santiago de Compostela.

Código do posto: ED.C99.50.101.15770.001.

Nivel: 26.

Centro directivo: Secretaría Xeral de Cultura.

Localidade: Santiago de Compostela.

Apelidos e nome: María Elena García Pazos.

NRP ou DNI: 3277194424 A206P.

Subgrupo: A2.

Corpo ou escala: especial.

Posto de traballo: director/a da Biblioteca de Lugo.

Código do posto: ED.C99.50.101.27001.001.

Nivel: 26.

Centro directivo: Secretaría Xeral de Cultura.

Localidade: Lugo.

Apelidos e nome: Alejandra María Mosquera Souto.

NRP ou DNI: 7641466557 A206L.

Subgrupo: A1.

Corpo ou escala: especial.

Posto de traballo: directora da Biblioteca de Pontevedra.

Código do posto: ED.C99.50.101.36001.001.

Nivel: 26.

Centro directivo: Secretaría Xeral de Cultura.

Localidade: Pontevedra.