De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido e non sendo posible a súa práctica, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia das resolucións de desistencia e arquivamento das solicitudes de inscrición no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia, tramitadas ao abeiro do disposto no Decreto 1/2010, do 8 de xaneiro, polo que se regula o dito rexistro.
A comparecencia para coñecer o contido íntegro das ditas resolucións deberá efectuarse ante a Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo en Pontevedra, sita na rúa Alcalde Hevia, núm. 7, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.
A eficacia desta notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Pontevedra, 5 de xuño de 2017
María Martínez Allegue
Xefa da Área Provincial de Pontevedra
ANEXO
Credencial |
Persoa interesada |
DNI/NIE |
65389 |
Luís Carlos Liz Conde |
*****992K |
65753 |
Montserrat Casas Iglesias |
*****630Y |
76953 |
Rosa María Torres Fraga |
*****753Y |
77088 |
María Eugenia Varela Pereira |
*****866R |