Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 30 de xuño de 2017 Páx. 32218

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO da licitación dos servizos auxiliares para o funcionamento dunha aula de estudo no Auditorio-Pazo de Congresos.

1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Educación. Nº de expediente: 18664-332.

2. Obxecto do contrato: a contratación dos servizos auxiliares de conserxaría, atención ao público e información e os demais previstos na cláusula 2 do prego de prescricións técnicas, necesarios para o funcionamento da aula de estudo sita no Edificio Auditorio-Pazo de Congresos, na avenida de Beiramar (Vigo).

Lugar de execución: Vigo.

Prazo de execución: dous (2) anos. Prórroga: non.

3. Tramitación e procedemento:

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base: 157.908,75 euros. IVE que soportará a Administración: 33.160,83 euros. Orzamento total: 191.069,58 euros.

5. Garantías exixidas. a) Provisional: non se exixe. b) Definitiva: si (5 % do prezo de adxudicación do contrato, excluído o IVE). c) Complementaria: si (5 % do prezo de adxudicación do contrato, excluído o IVE), cando a oferta do adxudicatario fose cualificada inicialmente como anormal ou desproporcionada e fose xustificada adecuadamente.

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante). Teléfono: 986 81 01 48. Fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata sete (7) días antes do día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: a) Documentos acreditativos da solvencia económica e financeira: declaración do volume anual de negocio. Consideraranse con solvencia económica e financeira os licitadores que no conxunto dos últimos tres anos teñan un volume de facturación que sexa igual ou superior ao prezo do contrato ou posúan a seguinte clasificación: grupo L, subgrupo 6, categoría 1. b) Documentos acreditativos da solvencia técnica e profesional: unha relación dos principais servizos ou traballos, de igual ou similar natureza que os que constitúan o obxecto do contrato, realizados nos últimos cinco anos (entenderase que este prazo remata o último día para a presentación de ofertas), que inclúa importe, datas e o destinatario, público ou privado. Considerarase acreditada a solvencia se nalgún dos últimos cinco anos acredita servizos ou traballos por importe igual ou superior a unha anualidade media do prezo do contrato. Os servizos ou traballos efectuados acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente, cando o destinatario sexa unha entidade do sector público; cando o destinatario sexa un suxeito privado, mediante un certificado expedido por este ou, na falta deste certificado, mediante unha declaración do empresario ou, que posúa a seguinte clasificación: grupo L, subgrupo 6, categoría 1.

8. Presentación das ofertas: prazo: o prazo rematará o día 19 de xullo de 2017.

Documentación: a exixida nas cláusulas 12 e 13 do prego de condicións administrativas e no punto 7 da folla de especificacións do contrato.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo; Pza. do Rei, nº 1. 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día do prazo.

Admisión de melloras: si.

Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas técnica e económica: entidade, domicilio e localidade: véxase o punto 6 do anuncio.

Data e hora: anunciarase no perfil do contratante do Concello de Vigo.

10. Outras informacións:

11. Páxina web para a obtención de información: www.vigo.org.

Vigo, 21 de xuño de 2017

O alcalde
P.D. (Decreto do 19.6.2015 e Acordo do 19.6.2015)
David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación