1. Entidade que adxudica: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Cemiterios. Nº de expediente: 10850-255.
2. Obxecto do contrato: a realización dos traballos de limpeza, acondicionamento, conservación e mantemento integral dos cemiterios municipais de Beade, Bembrive, Cabral, Candeán, Lavadores, Pereiró, Teis e Zamáns.
Lugar de execución: Vigo.
Prazo de execución: tres anos. Prórroga: si, unha prórroga dun (1) ano de duración.
3. Tramitación e procedemento:
Tramitación: ordinaria.
Procedemento: aberto.
4. Orzamento base: 763.564,68 euros. IVE que vai soportar a Administración: 160.348,59 euros. Orzamento total: 923.913,27 euros.
5. Garantías exixidas. a) Provisional: non se exixe. b) Definitiva: si (5 % do prezo de adxudicación do contrato excluído o IVE). c) Complementaria: non.
6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante). Teléfono: 986 81 01 48. Fax: 986 22 62 06.
Data límite para solicitar documentación: ata 7 días antes do día de finalización do prazo de presentación de proposicións.
7. Requisitos específicos do contratista: a) Documentos acreditativos da solvencia económica e financeira: declaración do volume anual de negocio. Considerarase con solvencia económica e financeira aos licitadores que no conxunto dos últimos tres anos teñan un volume de facturación que sexa igual ou superior ao prezo do contrato. b) Documentos acreditativos da solvencia técnica e profesional: unha relación dos principais servizos ou traballos, de igual ou similar natureza que os que constitúan ao obxecto do contrato, realizados nos últimos cinco anos (entenderase que este prazo remata o último día para a presentación de ofertas) que inclúa importe, datas e o destinatario, público ou privado. Considerarase acreditada a solvencia se nalgún dos últimos cinco anos acredita servizos ou traballos por importe igual ou superior a unha anualidade media do prezo do contrato. Os servizos ou traballos efectuados acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente, cando o destinatario sexa unha entidade do sector público; cando o destinatario sexa un suxeito privado, mediante un certificado expedido por este ou, a falta deste certificado, mediante unha declaración do empresario.
8. Presentación de ofertas: o prazo rematará o día 5 de xullo de 2017.
Documentación: a exixida nas cláusulas 12 e 13 do prego de condicións administrativas e no punto 7 das FEC.
Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo, praza do Rei, nº 1, 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo.
Admisión de melloras: si.
Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.
9. Apertura das ofertas técnica e económica: entidade, domicilio e localidade: véxase o punto 6 do anuncio.
Data e hora: anunciarase no perfil do contratante do Concello de Vigo.
10. Outras informacións: –.
11. Páxina web para obtención de información: www.vigo.org
Vigo, 24 de maio de 2017
O alcalde
P.D. (Decreto e Acordo do 19.6.2015)
David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación