De conformidade co disposto no artigo 44.5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), as notificacións que non fose posible efectuar faranse por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado e a súa publicación no boletín oficial da comunidade autónoma é facultativa.
Polo anterior e despois de tentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase a interesada que consta no anexo, mediante este anuncio que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.
A interesada poderá comparecer, no prazo de quince (15) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), nas dependencias do Servizo de Coordinación Industrial de Vigo da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Economía, Emprego e Industria, situado na praza da Estrela, s/n, 36201 Vigo (Pontevedra), para o coñecemento íntegro do acto notificado e a constancia del. Unha vez transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida.
Vigo, 20 de xuño de 2017
Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra
ANEXO
Interesada (comercio) |
Expediente |
Acto |
Concello |
Ernestina Álvarez Fernández (Prunelle Moda) |
PO 27/2017 |
Inicio de expediente sancionador |
Vigo |