Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 30 de xuño de 2017 Páx. 32150

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 8 de xuño de 2017, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai pública a declaración de impacto ambiental sobre o proxecto de ampliación da explotación de recursos da Sección A Olveiro, número 26, nos concellos de Carballo e Malpica de Bergantiños, promovido por Construcciones López Cao, S.L. (clave 2015/0019).

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 41, punto 3, faise pública a declaración de impacto ambiental do 2 de xuño de 2017, relativa ao proxecto de ampliación da explotación de recursos da Sección A Olveiro, nº 26, nos concellos de Carballo e Malpica de Bergantiños (A Coruña), promovido por Construcciones López Cao, S.L.

Esta declaración de impacto ambiental pódese consultar na seguinte ligazón http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, baixo).

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2017

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático