A Dirección de Augas de Galicia como órgano de contratación, ao abeiro da Resolución do 30 de xaneiro de 2012 de delegación de competencias ditada pola presidencia da entidade e de acordo co establecido no Decreto 32/2012, do 12 de xaneiro, polo que se aproba o estatuto do ente público, contratou a seguinte actuación:
1. Entidade adxudicadora:
Organismo: Augas de Galicia.
Dependencia que tramita o expediente: Contratación.
Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/consultaOrganismo.jsp?N=216. Tamén se terá acceso ao perfil desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia a través de http://www.xunta.gal e desde a Plataforma de contratación del sector público https://contrataciondelestado.es por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e na páxina web: http://augasdegalicia.xunta.gal/
Tipo de contrato: contrato administrativo de servizo.
Tramitación: ordinaria da licitación e anticipada do gasto.
Procedemento: aberto con varios criterios de valoración e non suxeito a regulación harmonizada.
Valor estimado do contrato: 30.961,44 euros. Inclúe os orzamentos de licitación e das eventuais modificacións contractuais previstas.
Vantaxes da oferta do adxudicatario: proposición economicamente máis vantaxosa por obter a maior puntuación total con base na aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares, en que se inclúen as características que determinan a selección da súa oferta con preferencia ás dos restantes licitadores admitidos no procedemento de adxudicación correspondente.
2. Obxecto do contrato: servizo:
Descrición: asistencia técnica á dirección facultativa de obra hidráulica na execución das melloras no abastecemento de Cesuras. Oza-Cesuras (A Coruña).
Número de expediente: OH.915.1125.
CPV (referencia de nomenclatura): 71311100-2.
Medio e data de publicación da licitación: DOG núm. 7, do 11 de xaneiro de 2017.
Orzamento base de licitación: importe neto: 27.720,33 euros. Importe total: 33.541,60 euros.
Data de adxudicación: 10 de maio de 2017.
Importe de adxudicación: importe neto: 20.790,25 euros. Importe total: 25.156,20 euros.
Data de formalización do contrato: 30 de maio de 2017.
Contratista: Ain Active, S.L.U.
3. Cofinanciamento da Unión Europea:
A actuación referida no punto 2 anterior está cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) nun 75 % do gasto elixible, no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) Galicia 2014-2020. A actuación enmárcase dentro do Programa de desenvolvemento rural na medida 07: servizos básicos e renovación de poboacións en zonas rurais. Submedida 7.2: apoio aos investimentos na creación, mellora ou ampliación de todo tipo de pequenas infraestruturas, incluídos os investimentos en enerxías renovables e aforro de enerxía. Prioridade 6 de desenvolvemento rural: fomentar a inclusión social, a redución da pobreza e o desenvolvemento económico nas zonas rurais. Europa inviste no rural.
4. Outras informacións:
A adxudicación do citado contrato, en cumprimento do artigo 151 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, e conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares, foi debidamente notificada aos licitadores e publicada no perfil do contratante.
O que se fai público para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.
Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2017
A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Roberto Rodríguez Martínez
Director de Augas de Galicia