Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 29 de xuño de 2017 Páx. 31946

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Malpica de Bergantiños

ANUNCIO de licitación do contrato de subministración e instalación de diferentes equipamentos para a mellora da estación de tratamento de augas potables (ETAP) e depósitos do sistema de abastecemento de Malpica de Bergantiños.

1.1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Malpica de Bergantiños.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Nº de expediente: PA 2/2017.

c) Obtención de documentación e información:

c.1. Dependencia: Secretaría.

c.2. Domicilio: avenida Emilio González, 1.

c.3. Localidade e código postal: Malpica de Bergantiños, 15113.

c.4. Teléfono: 981 72 03 18/981 72 00 01.

c.5. Telefax: 981 72 16 27.

c.6 Correo electrónico: correo@malpicadebergantinos.es

c.7. Enderezo da internet no pefil do contratante: www/contratosdegalicia.es/consultaperfil.jsp), plataforma de contratación da Xunta.

c.8. Data límite de obtención de documentación e información: ata 2 días naturais antes da finalización do prazo para a presentación de proposicións.

2. Obxecto do contrato:

a) Descripción do obxecto: subministración e instalación de diferentes equipamentos para a mellora da ETAP e depósitos do sistema de abastecemento de Malpica de Bergantiños.

b) Lugar de execución: Concello de Malpica de Bergantiños (ETAP de Ponte Berrón e depósitos de Pedra Queimada, Nariga e Papeiras).

c) Prazo de execución: 3 meses (non obstante o anterior, conforme a Orde de 22 de xuño de 2017, o contrato deberá estar executado e xustificado en data máxima de 1 de novembro de 2017 (inclusive).

d) Admisión de prórroga: non prorrogable.

e) Tipo de contrato: subministración.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto, cun único criterio de adxudicación: factor prezo.

4. Orzamento de licitación: valor estimado: 88.807,50 € ao que se engade en concepto de IVE (21 %), 18.649,58 € o que fai un prezo total de 107.457,08 €.

4.bis. Financiamento: para atender as obrigas económicas que derivan para o concello do cumprimento do contrato existe crédito no orzamento con cargo á aplicación 16162300 do vixente orzamento.

5. Garantías:

Provisional: non se exixe.

Definitiva: o 5 % do prezo de adxudicación (excluído o IVE).

6. Requisitos específicos do contratista: véxase cláusula 3 e 4 do prego.

7. Presentación ofertas:

a) Data límite de presentación: dentro do prazo de 8 días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación do último anuncio en BOP, DOG e perfil do contratante (é dicir, contado desde o último anuncio que se publique).

b) Modalidade de presentación: presencial (b.1) ou por correo (b.2):

b.1:

• Dependencia: Rexistro Xeral do Concello (de luns a venres das 9.00 ás 14.00 horas).

• Localidade e código postal: avenida Emilio González, 1 (Malpica de Bergantiños, 15113).

b.2: Oficina de Correos: en horario da oficina correspondente.

b.2.1 Comunicación do envío por medio de oficina de Correos:

• Domicilio da entidade contratante: avenida Emilio González, 1, 15113 Malpica de Bergantiños.

• Nº de fax da entidade contratante 981 72 16 27.

c) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a manter a súa oferta: 3 meses.

8. Apertura de ofertas: Concello de Malpica de Bergantiños (salón de plenos).

• Enderezo: avenida Emilio González, 1 (Malpica de Bergantiños, 15113).

9. Gastos de publicidade: os gastos que xeren os anuncios cun máximo de 2.000 euros.

Malpica de Bergantiños, 23 de xuño de 2017

Eduardo José Parga Veiga
Alcalde