Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 29 de xuño de 2017 Páx. 31844

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 2017 pola que se aproba e se fai pública a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas do proceso selectivo para acceso á escala auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos desta universidade, subgrupo C1, pola quenda de acceso libre.

Por resolución do 7 de abril de 2017 (DOG do 24 de abril e BOE do 12 de maio), convocáronse probas selectivas para cubrir seis prazas na escala auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos da USC, subgrupo C1, pola quenda de acceso libre. Finalizado o prazo de presentación de solicitudes,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas pola quenda de acceso libre ás citadas probas.

Segundo. Indicar que a listaxe provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas está exposta nos taboleiros de anuncios da Reitoría, da Casa da Balconada, do edificio de Servizos Administrativos e Biblioteca Intercentros e na web:

http://www.usc.es/gl/servizos/plan_pas/convocatorias.html.

Terceiro. As persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de admitidas dispoñen dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poderen emendar os defectos que motivasen a exclusión ou a omisión.

Cuarto. As persoas aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden a exclusión nin aleguen a omisión, xustificando o dereito a seren incluídas na relación de persoas admitidas, serán definitivamente excluídas da realización das probas.

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2017

Juan M. Viaño Rey
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela