Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 29 de xuño de 2017 Páx. 31911

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 31 de maio de 2017, da Dirección Xeral de Saúde Pública, pola que se notifica a resolución do recurso de alzada do expediente sancionador 2016344TA-PO, por infracción en materia sanitaria.

Con data do 9 de maio de 2017, o conselleiro de Sanidade ditou resolución do recurso de alzada do expediente sancionador 2016344TA-PO, incoado na Xefatura Territorial de Pontevedra a Serafín Araujo Fernández, titular do establecemento Zapata.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e ao non ser posible a súa práctica, por medio desta cédula e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a Serafín Araujo Fernández, titular do establecemento Zapata, o contido da resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo fáiselle saber o dereito que o asiste para interpor recurso contencioso-administrativo ante o xulgado competente no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á publicación da presente cédula, segundo o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e lémbráselle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias dos servizos centrais, no Servizo Técnico-Xurídico (Secretaría Xeral Técnica), situado no terceiro andar do Edificio Administrativo San Lázaro, en Santiago de Compostela e obter, de ser o caso, copia deste, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da xa citada Lei 30/1992, do 26 de novembro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Santiago de Compostela, 31 de maio de 2017

Andrés Paz-Ares Rodríguez
Director xeral de Saúde Pública

ANEXO

Nº de expediente: 2016344TA-PO.

Interesado: Serafín Araujo Fernández, titular do establecemento Zapata.

Documento de identificación: 34931608J.

Último enderezo coñecido: rúa González Zúñiga, 36001 Pontevedra.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Tipificación: grave.

Resolución: desestimatoria do recurso.

Sanción imposta: 601,00 €.