Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 28 de xuño de 2017 Páx. 31678

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 19 de maio de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no primeiro cuadrimestre do ano 2017.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro) impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Economía. Emprego e Industria nos meses de xaneiro a abril do ano 2017, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 19 de maio de 2017

Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería
de Economía, Emprego e Industria

ANEXO
Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Economía,
Emprego e Industria nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2017

Convenio

Data de sinatura

Importe total

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e a Universidade da Coruña para o fomento da investigación e a realización de probas de control de calidade dos hirdrocarburos en Galicia.

9.2.2017

307.900,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e a Fundación Santa María La Real para o desenvolvemento do proxecto Lanzadeiras de Emprego Solidario no marco do proxecto cofinanciado polo Fondo Social Europeo e a Fundación Telefónica.

1.3.2017

Non ten achega económica

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia e o Concello de Ourense para desenvolver un Plan integral de mellora das infraestruturas do polígono industrial do Vinteún (As Coiñas).

6.4.2017

700.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia e Cáritas Diocesana de Mondoñedo Ferrol para a acreditación da formación impartida por Cáritas no marco do seu convenio coa Fundación Endesa.

7.4.2017

Non ten achega económica