Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 28 de xuño de 2017 Páx. 31724

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ORDE do 6 de xuño de 2017 pola que se declara deserto o procedemento de alleamento dos dereitos de uso sobre unha praza de aparcamento situada na praza Mestre Mateo da Coruña.

Mediante Orde do 14 de decembro de 2016 da Consellería de Facenda foi autorizado o alleamento, mediante poxa, dos dereitos de uso sobre unha praza de aparcamento situada na praza Mestre Mateo da Coruña.

Logo de publicarse o 2 de marzo de 2017 no Diario Oficial de Galicia número 43 e nun xornal de ampla difusión (La Voz de Galicia do mesmo día) o anuncio da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio, de alleamento dos citados dereitos, tivo lugar o 18 de abril de 2017 a poxa pública anunciada, polo que, á vista das actas da mesa de contratación, de conformidade co disposto no artigo 70 do Decreto 50/1989, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei do patrimonio da Comunidade Autónoma galega, e tras a proposta da Secretaría xeral Técnica e do Patrimonio,

DISPOÑO:

Primeiro. Declarar deserta en primeira, segunda e terceira poxa a adxudicación do seguinte dereito:

Dereito de uso da praza de garaxe número 63 da planta -1 do aparcamento soterrado da praza Mestre Mateo da Coruña. Referencia catastral: 7819101NJ4071N0001YM. Data de finalización do dereito: 18 de marzo de 2036.

Tipo de licitación primeira poxa: 13.500 euros.

Tipo de licitación segunda poxa: 11.475 euros.

Tipo de licitación terceira poxa: 9.450 euros.

Segundo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, perante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou recurso contencioso-administrativo, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2017

O conselleiro de Facenda
P.D. (Orde do 9.1.2012; DOG núm. 9, do 13 de xaneiro)
Mª del Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda