1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:
a) Organismo: Concello de Ourense.
b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.
c) Obtención da documentación e información:
1º. Dependencia: Servizo de Contratación.
2º. Domicilio: praza do Trigo, nº 2-3º.
3º. Localidade e código postal: Ourense, 32005.
4º. Teléfono: 988 26 93 33.
5º. Fax: 988 22 14 94.
6º. Correo electrónico: contratacion@ourense.es
7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.ourense.gal
d) Número de expediente: 2015027970 (ref. 2384).
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo: servizos.
b) Descrición: outorgamento de autorizacións para ocupación do dominio público con contedores para a recollida selectiva e o transporte de aceite vexetal doméstico.
c) Lugar de execución/entrega: Concello de Ourense.
d) Prazo de execución/entrega: dous anos.
e) Admisión de prórroga: si.
f) CPV (referencia de nomenclatura): 90511200-4.
3. Tramitación e procedemento:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Criterios de adxudicación e a súa ponderación:
– Oferta económica: 94,25 puntos.
– Incremento de colectores: 3,75 puntos.
– Melloras: 2 puntos.
4. Orzamento base de licitación:
a) Valor estimado do contrato: 31.200 euros.
b) Canon mínimo, a partir do que realizarán a súa oferta os licitadores. Importe neto 65,00 €/ano por contedor. IVE: 13,65 €. Importe total: 78,65 €/ano por contedor.
5. Garantías exixidas:
a) Definitiva: por importe dunha anualidade do canon ofrecido polo adxudicatario, IVE excluído.
6. Requisitos específicos do contratista:
a) Solvencia económico-financeira: a que se sinala no artigo 13 (Doc. 4) do prego de condicións.
b) Solvencia técnica: a que se sinala no artigo 13 (Doc. 5) de prego de condicións.
7. Presentación de ofertas:
a) Data límite de presentación: quince (15) días naturais contados a partir do seguinte a aquel en que se realicen as publicacións no BOP e no DOG.
b) Modalidade de presentación: a que se sinala no artigo 9 do prego de cláusulas administrativas.
c) Lugar de presentación:
1º. Dependencia: Rexistro Xeral.
2º. Domicilio: praza Maior, núm. 1.
3º. Localidade e código postal: Ourense, 32005.
4º. Enderezo electrónico: rexistroxeral@ourense.es.
d) Prazo de vinculación da oferta: tres (3) meses contados desde a apertura de proposicións.
8. Apertura das ofertas:
a) Enderezo: Concello de Ourense; praza Maior, núm. 1.
b) Localidade e código postal: Ourense, 32005.
c) Data e hora: anunciaranse no perfil do contratante.
9. Gastos de publicidade: o importe dos anuncios será por conta do adxudicatario.
Ourense, 6 de xuño de 2017
Jesús Vázquez Abad
Alcalde