Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 27 de xuño de 2017 Páx. 31568

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 7 de xuño de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, de notificación de información pública do expediente IN407A 2017/35-1.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles aos interesados descoñecidos, dos cales se ignore o lugar de notificación ou ben, intentada esta, non se puido practicar, que se sinalan no anexo deste anuncio, o Acordo do 17 de marzo de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, do expediente indicado.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado, polo que os interesados poderán examinar o expediente e presentar alegacións no Servizo de Enerxía e Minas na Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Sen prexuízo do anterior este anuncio publícase tamén no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 7 de xuño de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2017/35-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: recuamento LMT MEA-827 derivado a CT Faro de Estaca de Bares.

Concello: Mañón.

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados:

Número de predio: 5.

Lugar: Vía de Fóra.

Cultivo: monte alto.

Propietario: descoñecido.

Afección de solo en pleno dominio: apoio número 189-43, 2.0 m2.

Número de predio: 6.

Lugar: Muro.

Cultivo: monte alto.

Propietario: José Manuel Martínez.

Afección de solo en pleno dominio: apoio número 189-45, 2.0 m2.