Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 26 de xuño de 2017 Páx. 31487

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Marín

ANUNCIO (expediente 367/16-Exprop.)

Considerando que mediante Resolución do 30 de maio de 2017 se aprobou o proxecto de expropiación forzosa por razóns de urbanismo para a execución da vía e adecuación ao planeamento, na rúa Concepción Arenal, redactado por Ignacio José Alonso Díaz en decembro de 2016. Parcela con referencia catastral 4635913NG2943N0001IZ.

En cumprimento do disposto no artigo 293 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (RLSG) (DOG do 9.11.2016), por este anuncio publícase a citada resolución no DOG e polo prazo dun mes no taboleiro de edictos do concello, para que as persoas que poidan resultar interesadas formulen as observacións e reclamacións que xulguen convenientes, en particular no que atinxe á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei do procedemento administrativo común das administracións públicas (Lei 39/2015, do 1 de outubro; BOE do 2 de outubro) o acto non se publica integramente, indicáselles aos interesados que o expediente completo figura á súa disposición nas dependencias do Servizo de Urbanismo, na casa do concello.

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei do procedemento administrativo común das administracións públicas (Lei 39/2015, do 1 de outubro; BOE do 2 de outubro).

Marín, 30 de maio de 2017

Mª del Pilar Ramallo Vázquez
Alcaldesa presidenta