Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 26 de xuño de 2017 Páx. 31483

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arzúa

ANUNCIO de procedemento aberto para a contratación do servizo de conservación, reparación e mantemento da iluminación pública.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Arzúa.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: prestación do servizo de conservación, reparación e mantemento da iluminación pública do Concello de Arzúa.

b) Nomenclatura: CPV-2008: 50232100-1.

c) Lugar de execución: Arzúa.

d) Prazo de execución: dous anos, prorrogable ata un máximo doutros dous anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: con multiplicidade de criterios de valoración.

4. Orzamento:

a) Orzamento de licitación: 80.991,74 € + 17.008,26 € (21 % de IVE) = 98.000 €, coa distribución de anualidades establecida no prego de cláusulas administrativas particulares (cláusula 4.)

b) Revisión de prezos: non procede.

5. Garantías:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Secretaría do Concello e no perfil do contratante www.concellodearzua.org.

b) Domicilio: rúa Santiago, nº 2.

c) Localidade e código postal: Arzúa 15810.

d) Teléfono: 981 50 00 00, 981 81 50 01.

e) Telefax: 981 50 09 14.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata as 14.00 horas do día en que remate o prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe.

8. Criterios de valoración:

1. Avaliables mediante xuízos de valor:

a) Medios técnicos adscritos á realización dos traballos: ata 20 puntos.

b) Plan de traballo e protección ambiental: ata 20 puntos.

2. Avaliables de forma automática mediante aplicación de fórmulas:

c) Oferta económica: ata 25 puntos.

d) Melloras: ata 25 puntos.

e) Dispoñible nos casos de emerxencia: ata 10 puntos.

9. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: quince (15) días, contados desde o día seguinte ao de publicación do anuncio no último dos boletíns en que apareza (DOG ou BOP).

b) Documentación que cómpre presentar: a especificada na cláusula 11.3 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do concello, das 9.00 ás 14.00 horas; tamén se poderá realizar na forma indicada no parágrafo 2º da cláusula 11, nº 2, do prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Apertura das ofertas:

A mesa de contratación, ás 10.00 horas do terceiro día hábil seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación das proposicións, abrirá a documentación presentada nos sobres A. As datas de apertura dos sobres B e C (en acto público) anunciaranse previamente no taboleiro de anuncios do concello e no perfil de contratante, nos termos sinalados no correspondente prego de cláusulas administrativas.

11. Gastos de publicación dos anuncios de licitación: serán por conta do adxudicatario, ata un importe máximo de 1.500 euros.

Arzúa, 19 de xuño de 2017

José Luis García López
Alcalde