De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non puidesen practicarse faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e a súa efecacia quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.
Polo anterior, e despois de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido aos interesados que se sinalan no anexo, a continuación publícase este anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.
Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.
A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación no BOE deste anuncio, ante a Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Coruña; Edificio Administrativo Monelos, 2º andar (Reclamacións), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
A Coruña, 12 de xuño de 2017
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Interesado/a |
Nº expediente |
Acto que se notifica |
Concello |
Técnica de Contenedores Subterráneos, S.L. |
ES 15/2011 |
Requirimento de pagamento |
Arteixo |
Instalaciones Revigas, S.L. |
ES 50/2011 |
Requirimento de pagamento |
Toledo |
Instalaciones Revigas, S.L. |
ES 9/2011 |
Requirimento de pagamento |
Toledo |
Instalaciones Revigas, S.L. |
ES 44/2011 |
Requirimento de pagamento |
Toledo |
Instalaciones Revigas, S.L. |
ES 32/2011 |
Requirimento de pagamento |
Toledo |