Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 26 de xuño de 2017 Páx. 31303

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 2017, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado pola Orde do 2 de decembro de 2016 (DOG número 238, do 15 de decembro), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio.

En sesión que tivo lugar o 19 de xuño de 2017, o tribunal nomeado pola Orde do 22 de maio de 2017 (DOG núm. 100, do 29 de maio) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, acordou, de conformidade co disposto na base II.1.1.1 da convocatoria, que o primeiro exercicio terá lugar o día 21 de xullo de 2017, no salón de actos e aula 1 da Facultade de Dereito en Santiago de Compostela, en chamamento único que se iniciará ás 16.00 horas.

As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lapis do nº 2 e goma de borrar.

Non se permitirá o acceso ao recinto onde se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro instrumento do que se poida valer a persoa aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará no recinto ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2017

Silvia Alfaya Portela
Presidenta do tribunal