Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 23 de xuño de 2017 Páx. 31136

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1102/2014).

Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 4 da Coruña, vistos estes autos seguidos neste xulgado co número 1102/2014, sendo parte nel, dun lado, como demandante, Manuela Castro Martínez, asistida pola letrada Sra. Regueira Lavandeira, e, doutro, como demandada, a empresa Promociones Río Cesures, S.L., que non comparece, con intervención do Fondo de Garantía Salarial, que igualmente deixa de comparecer, sobre reclamación de cantidade, pronunciou en nome do rei a seguinte sentenza:

«Resolvo:

Estímase parcialmente a demanda interposta por Manuela Castro Martínez contra a empresa Promociones Río Cesures, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial, e en consecuencia:

Condénase a empresa Promociones Río Cesures, S.L. a aboarlle a Manuela Castro Martínez a cantidade de seis mil trescentos dezanove euros con corenta e nove céntimos de euro (6.319,49 euros). Os conceptos salariais devindicarán o xuro de demora previsto no artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución. Abondará coa manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, no momento de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

A Coruña, 30 de maio de 2017