Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 23 de xuño de 2017 Páx. 31182

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 7 de xuño de 2017 pola que se notifica a imposición dunha primeira multa coercitiva devolta polo servizo de Correos por resultar os seus destinatarios ausentes na repartición (expediente IU3/122/2011-A1).

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 12 de maio de 2017, resolución pola que se impón unha primeira multa coercitiva, como consecuencia de incumprir o ordenado na Resolución do 3 de agosto de 2012, na que se declaran ilegalizables as obras consistentes na construción dunha vivenda unifamiliar e unha construción auxiliar ao servizo desta na rúa Cobas, 33, no termo municipal de Monforte de Lemos, provincia de Lugo, por ser incompatibles co ordenamento xurídico vixente e se ordena a súa demolición.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución a Domingo Antonio Castroseiros González e a María Dolores Sánchez Domínguez, mediante a presente cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle aos interesados a devandita resolución, por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado e a súa data de publicación é a que determina a eficacia do acto notificado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle aos interesados que o texto íntegro da resolución que se notifica encóntrase á súa disposición nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, situadas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia a notificación entenderase producida ao día seguinte da súa publicación.

Contra esta resolución, os interesados poden interpoñer recurso de reposición ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel no que se produza a notificación, ou ben, se non exercita o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste, e lle sirva de notificación aos citados interesados en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2017

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística