Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 23 de xuño de 2017 Páx. 31168

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 14 de xuño de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, de comunicación do traslado de follas de valoración no expediente de expropiación IN407A 2015/209-1, no concello de Rianxo.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar...», mediante este anuncio infórmase do traslado das follas de valoración da entidade beneficiaria, no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTA BOI808 - CT A Barraca 15AAQ7, no concello de Rianxo (expediente IN407A 2015/209-1), correspondentes ao predio e á titularidade que se sinala no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

A Coruña, 14 de xuño de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2015/209-1.

Entidade beneficiaria: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación da instalación: LMTA BOI808 - CT A Barraca 15AAQ7.

Concello: Rianxo.

Predio

Titularidade

Incidencia

2

Manuel Carneiro Freire

Enderezo ignorado