Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 23 de xuño de 2017 Páx. 31206

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 13 de xuño de 2017, da Área Provincial de Turismo de Pontevedra, pola que se notifica a resolución da baixa da autorización turística e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase a Resolución do 3 de xaneiro de 2017, da baixa dos establecementos indicados no anexo, xa que, intentada a notificación, non se puido efectuar polos medios habituais.

Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela poderase interpor recurso potestativo de reposición, ante a Axencia Turismo de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co disposto nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Pontevedra, 13 de xuño de 2017

María Ángeles Herrero Pérez
Xefa da Área Provincial de Turismo de Pontevedra

ANEXO

Establecemento: Simago.

Signatura: V-PO-004638.

Razón social: Simago, S.A.

Enderezo: avenida García Barbón, 56.

Concello: Vigo.