Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 22 de xuño de 2017 Páx. 30801

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (99/2017).

Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 4 da Coruña, vistos estes autos seguidos neste xulgado co número 99/2017, sendo parte nel, dun lado, como demandante, Valdete Chavier Gaudencio, asistida polo letrado Sr. Nogueira Vidal, e, doutro, como demandada, a empresa Rodi 2015, S.C., que non comparece, con intervención do Fondo de Garantía Salarial, que igualmente deixa de comparecer, sobre despedimento, pronunciou en nome do rei a seguinte sentenza:

«Resolvo.

Desestímase a demanda formulada por Valdete Chavier Gaudencio contra a empresa Rodi 2015, S.C., por falta de acreditación de despedimento alegado, e absolvo a demandada das pretensións de condena exercidas contra ela.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución. Abondará coa manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, no momento de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

A Coruña, 23 de maio de 2017