Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 22 de xuño de 2017 Páx. 30881

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa e a súa ría

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 2017 pola que se realiza a convocatoria pública dunha bolsa de traballo de persoal laboral temporal do cadro desta autoridade portuaria.

Prazas: 1 (unha) bolsa de traballo de oficial de obras e mantemento.

Tipo de contrato: temporal.

Proceso selectivo: concurso de meritos.

As bases desta convocatoria estarán á disposición dos interesados na Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa, rúa Peirao Pasaxeiros, nº 1, e tamén dispoñibles na páxina web: www.portovilagarcia.es.

As solicitudes deberán presentarse no prazo de 10 días naturais contados desde o seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia, por calquera dos medios recollidos na lexislación vixente.

Todas as notificacións que, a partir deste momento, se orixinen como consecuencia deste proceso selectivo faranse públicas polos seguintes medios:

Taboleiro de anuncios da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa.

Páxina web: www.portovilagarcia.es.

Vilagarcía de Arousa, 16 de xuño de 2017

Sagrario Franco Malvar
Presidenta da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa