Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Jueves, 22 de junio de 2017 Pág. 30836

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Empleo e Industria

RESOLUCIÓN de 9 de junio de 2017, de la Jefatura Territorial de Lugo, por la que se concede la autorización administrativa previa y de construcción de una instalación eléctrica en el ayuntamiento de Alfoz (expediente IN407A 2017/25-2, 8493 AT).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: Estación de Servicio Río Ouro, S.L.

Domicilio social: A Granda-Alfoz, Lugo.

Denominación: liña de media tensión, centro de transformación de 250 kVA e liña de baixa tensión.

Situación: concello de Alfoz.

Características técnicas:

1. LMT soterrada a 20 kV con orixe nun apoio proxectado tipo C-3000/14 que se instalará na LMT aérea Fazouro entre os apoios existentes nº 43 e nº 44 e final no CT prefabricado proxectado, cunha lonxitude de 25 metros en condutor tipo RHZ1-150.

2. Centro de transformación compacto prefabricado, cunha potencia de 250 kVA, cunha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

3. Liña soterrada de baixa tensión, con orixe no CT proxectado e final nun paso de aéreo a soterrado situado no apoio de formigón nº 1, cunha lonxitude de 20 metros en condutor tipo RV-240.

4. Liña aérea de baixa tensión, con orixe no paso de aéreo a soterrado situado no apoio 1 e final no apoio nº 3 cunha lonxitude de 70 metros en condutor tipo RZ-150.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan dos decretos 129/2015, do 8 de outubro (DOG núm. 194, do 9 de outubro) e 175/2015, do 3 de decembro (DOG núm. 232, do 4 de decembro) polos que se crea e establece a estrutura orgánica da consellería, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro (DOG núm. 22, do 1 de febreiro) sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial e outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que xulgue pertinente ao seu dereito.

Lugo, 9 de xuño de 2017

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo