Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 22 de xuño de 2017 Páx. 30840

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 8 de xuño de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifica ao titular dun predio afectado a resolución pola que se someteu a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, de construción e a declaración de utilidade pública, do proxecto da instalación eléctrica modificado número 1 ao proxecto LMT, CT e RBT Cimadevila-Bolmente (Sober).

Ante a imposibilidade de notificación ao titular do predio número 30 A (polígono 56-parcela 16) Nicasio Álvarez Rodríguez por resultar a notificación infrutuosa, mediante o presente anuncio practícaselle a preceptiva notificación da Resolución do 3 de maio de 2017, desta xefatura territorial, pola que se someteu a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción, e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica modificado número 1 ao proxecto LMT, CT e RBT Cimadevila-Bolmente, promovida pola empresa Unión Fenosa Distribución, S.A.

Comunícaselle que a dita resolución se publicou no Diario Oficial de Galicia do 30 de maio de 2017, en cuxo anexo se inseriu a relación de predios afectados entre os cales figura o predio número 30 A coas súas afeccións, que o proxecto da instalación eléctrica se poderá examinar nesta Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, rolda da Muralla, 70, andar baixo 2, Lugo) e que poderá presentar as alegacións que considere oportunas no prazo de 20 días a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

O presente anuncio expídese para que conste e lle sirva de notificación ao titular proposto do citado predio, Nicasio Álvarez Rodríguez con enderezo na praza Calvo Sotelo, 37, 1º, 36700 Tui, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lugo, 8 de xuño de 2017

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo