Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 20 de xuño de 2017 Páx. 30258

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consello de Contas de Galicia

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 2017 pola que se anuncia a contratación do servizo de vixilancia do edificio sede deste consello para os exercicios 2017 e 2018.

O conselleiro maior da institución, mediante a Resolución do 8 de xuño do presente ano, dispuxo a apertura do procedemento de adxudicación dun contrato de vixilancia do edificio sede da institución para os exercicios 2017 e 2018 co detalle que se di:

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Consello de Contas de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Obtención de documentación e información:

c.1) Dependencia: Secretaría Xeral. Sección de Xestión Económica.

c.2) Domicilio: rúa de Domingo Fontán, nº 7.

c.3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.

c.4) Teléfono: 981 54 22 09.

c.5) Telefax: 981 54 22 10.

c.6) Correo electrónico: vlagoa@ccontasgalicia.es

c.7) Enderezo da internet do perfil de contratante:

http://www.consellodecontas.es/gl/menus-consello/consello/perfil-do-contratante

c.8) Data límite de obtención da documentación e información: décimo quinto día natural seguinte ao da publicación do presente anuncio.

d) Número de expediente: 17/42.

2. Obxecto do contrato: servizo.

a) Tipo:

b) Descrición: prestación, durante os exercicios 2017 e 2018, do servizo de vixilancia do edificio sede do Consello de Contas de Galicia.

c) División por lotes: non.

d) Lugar de execución:

d.1) Enderezo: rúa de Domingo Fontán, nº 7.

d.2) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.

e) Prazo de duración: dezaoito meses, contados a partir da súa entrada en vigor o 1 de xullo de 2017.

f) Admisión de prórroga: si.

g) CPV: 79713000-5.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, con multiplicidade de criterios.

c) Criterios de adxudicación:

c.1) Prezo (0-10 puntos).

c.2) Persoal encargado de verificar o correcto cumprimento das funcións e obrigas atribuídas aos vixilantes de seguridade (0-5 puntos).

c.2.a) Frecuencias (0-3 puntos).

c.2.b) Horarios aleatorios de control (0-2 puntos).

c.3) Solución de imprevistos (0-5 puntos).

c.3.a) Localización dos responsables do servizo (1-0 puntos).

c. 3.b) Tempo máximo de espera (3-0 puntos).

c. 3.c) Número de vixilantes (1-0 puntos).

c.4) Servizo de acudida (5-0 puntos).

c.4.a) Número de vixilantes que concorrerían ao aviso (2-0 puntos).

c.4.b) Tempo máximo de espera, computado desde o aviso da receptora de alarmas (3-0 puntos).

4. Valor estimado do contrato: 294.120 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 147.060 euros. IVE (21 %): 30.882,60 euros. Importe total: 177.942,60 euros.

6. Garantías exixidas. Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, IVE excluído.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Documentación acreditativa da capacidade de obrar do empresario, da súa habilitación e, de ser o caso, da súa representación.

b) Solvencia económica e financeira e técnica ou profesional.

b.1) Solvencia económica e financeira: existencia dun seguro de responsabilidade civil, aval ou outra garantía financeira con entidade debidamente autorizada cunha contía mínima de 300.506,10 euros por sinistro e ano.

b.2) Solvencia técnica e profesional: principais traballos realizados no sector nos últimos cinco anos. Será preciso que o importe acumulado no ano de maior execución sexa igual ou superior a 490.200 €. Acreditarase mediante relación coas características establecidas no PCAP.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: décimo quinto día natural seguinte ao da publicación do presente anuncio. De coincidir o último día do prazo de presentación en sábado, domingo ou festivo, entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: por escrito, no lugar que se indica a continuación ou por correo (artigo 80 RXLCAP).

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral do Consello de Contas.

2º. Domicilio: rúa de Domingo Fontán, nº 7.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a apertura das proposicións.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición:

a.1) Sobre A: cualificación documental. En acto non público.

a.2) Sobre B: en acto público, proposicións. A data exacta da súa realización será publicada no perfil de contratante cunha antelación mínima de corenta e oito horas.

b) Enderezo: rúa de Domingo Fontán, nº 7.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.

10. Gastos de publicidade: a conta do adxudicatario, ata un máximo de 1.600 €, IVE incluído.

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2017

José Antonio Redondo López
Conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia