Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 20 de xuño de 2017 Páx. 30278

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación do Plan xeral de ordenación municipal na liña límite con Salceda de Caselas.

O Pleno da Corporación Municipal do Concello do Porriño, na súa sesión extraordinaria do 9 de febreiro de 2017, aprobou inicialmente a modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal no límite co termo municipal de Salceda de Caselas, co seguinte acordo transcrito de xeito literal:

«1º. Aprobar inicialmente a modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal na línea límite con Salceda de Caselas.

2º. Someter o expediente a información pública por un prazo de dous meses mediante publicación no Diario Oficial de Galicia, nun xornal dos de maior difusión da provincia e no taboleiro de edictos do concello.

3º. Dar traslado ao órgano competente en materia de urbanismo da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio para a realización das consultas previstas no documento de alcance co estudo ambiental estratéxico; dar audiencia aos municipios limítrofes e solicitar os informes sectoriais autonómicos preceptivos.

4º. Solicitar a emisión dos seguintes informes sectoriais:

– Dirección Xeral de Aviación Civil do Ministerio de Fomento.

– Deputación Provincial de Pontevedra.

5º. Suspender o outorgamento da licenzas de parcelación, edificación e derrubamento nos ámbitos da modificación puntual que poidan ser incompatibles coa ordenación urbanística obxecto de aprobación».

Consonte o establecido no artigo 60.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (DOG núm. 34, do 19 de febreiro), faise público para o xeral coñecemento para que os interesados acheguen as alegacións, reclamacións ou suxestións que xulguen oportunas, durante o prazo de dous meses contados desde a súa data de publicación no Diario Oficial de Galicia.

O Porriño, 15 de maio de 2017

Eva García de la Torre
Alcaldesa