Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 20 de xuño de 2017 Páx. 30273

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de licitación (expediente As-36/2017).

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña. a) Dependencia: Servizo de Contratación. b) Número de expediente: As-36/2017.

2. Obxecto do contrato: servizo de realización de actividades socioculturais de prevención e cooperación social nos centros cívicos municipais durante os anos 2017-2019 da Concellaría de Xustiza Social e Coidados do Concello da Coruña, que fomente o emprego social e de calidade.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto, suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento base de licitación: 545.460 € anuais (IVE 10 % incluído).

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención da documentación: web municipal (perfil do contratante): www.coruna.es. Información: a) Teléfono: 981 18 42 19. b) Fax: 981 18 42 71. c) Enderezo: praza de María Pita, 1-2º.

7. Clasificación: non se exixe.

8. Presentación das proposicións: a) Prazo: ata o día 3 de xullo de 2017. b) Documentación que hai que presentar: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

9. Apertura de proposicións técnicas e económicas: a) Lugar: véxase o punto 6. b) Data e hora: publicaranse no perfil do contratante.

10. Outras informacións: véxanse os pregos reguladores da contratación.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

A Coruña, 26 de maio de 2017

O alcalde
P.D. (Decreto do 18.4.2017)
Alberto Lema Suárez
Tenente de alcalde da Área de Emprego e Economía Social