Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 20 de xuño de 2017 Páx. 30282

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Autoridade Portuaria de Vigo

ANUNCIO de convocatoria dunha praza de persoal laboral temporal.

A Autoridade Portuaria de Vigo realiza a convocatoria dun posto de traballo para cubrir unha (1) praza mediante contrato temporal de relevo ao 75 % da xornada.

– 1 praza de administrativo-concurso de méritos.

As bases da convocatoria e os impresos de solicitude están dispoñibles na páxina web www.apvigo.com e no taboleiro de anuncios da Autoridade Portuaria de Vigo, praza da Estrela, nº 1.

As solicitudes deberán presentarse, no prazo de dez (10) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, no rexistro das oficinas centrais da Autoridade Portuaria de Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, se o último día do prazo coincide en domingo ou festivo, este finalizará o seguinte día hábil ás 14.00 horas.

Vigo, 8 de xuño de 2017

Beatriz Colunga Fidalgo
Directora da Autoridade Portuaria de Vigo