Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 20 de xuño de 2017 Páx. 30081

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

ORDE do 1 de xuño de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas aos plans de reestruturación e reconversión da viña en Galicia e se convocan para o ano 2017.

No marco da reforma da Política Agrícola Común (PAC) ditouse unha nova organización común de mercados agrarios, en virtude do Regulamento (UE) nº 1308/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, polo que se crea a organización común de mercados dos produtos agrarios e polo que se derrogan os regulamentos (CEE) nº 922/72, (CEE) nº 234/79, (CE) nº 1037/2001 e (CE) nº1234/2007, (OCM única). Con relación ao sector vitivinícola establece medidas de apoio elixibles dentro dun único programa nacional pero cuxo proxecto, de carácter quinquenal, poderá ter en conta as peculiaridades territoriais.

A nivel estatal, na actualidade, o conxunto destas novas medidas inclúese no Real decreto 597/2016, do 5 de decembro, para a aplicación das medidas do programa de apoio 2014-2018 ao sector vitivinícola.

Neste contexto, a reestruturación e reconversión de viñas mediante plans é unha das medidas admisibles do programa de apoio 2014-2018 ao sector vitivinícola que en Galicia son obxecto de financiamento da Unión Europea (UE), a través do Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga).

En síntese, estas axudas aos plans de reestruturación e reconversión de viñas son unha continuación de anteriores medidas de apoio que, dados os seus positivos efectos estruturais, se deben manter coa finalidade de aumentar a competitividade das persoas produtoras do sector vitivinícola de Galicia.

Ademais, desde o 1 de xaneiro de 2016 e ata 2030, ao nivel da Unión é directamente aplicable un novo réxime de autorizacións para plantacións de viña de vinificación, en substitución do anterior réxime transitorio de dereitos de plantación, que ten a súa transposición no Real decreto 740/2015, do 31 de xullo, polo que se regula o potencial de produción vitícola e se modifica o Real decreto 1079/2014, do 19 de decembro, para a aplicación das medidas do programa de apoio 2014-2018 ao sector vitivinícola.

De acordo co anterior, en Galicia cómpre elaborar unhas novas bases reguladoras destas axudas e á vez publicar a súa convocatoria para este ano 2017.

En consecuencia, de conformidade co previsto no artigo 30.I.3 do Estatuto de autonomía de Galicia, no uso das facultades que me confire a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no uso das competencias que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta de Galicia e do seu presidente,

DISPOÑO:

CAPÍTULO I
Bases reguladoras

Artigo 1. Obxecto e finalidade

1. Esta orde ten por obxecto regular as axudas aos plans de reestruturación e reconversión da viña en Galicia mediante plans (procedemento MR446A) e realizar a súa convocatoria para o ano 2017, en réxime de concorrencia competitiva, de acordo cos requisitos e condicións establecidas para esta medida nas disposicións xerais do ámbito comunitario, estatal e autonómico.

2. O apoio para esta medida aplicarase ás viñas da Comunidade Autónoma de Galicia destinadas á produción de uva para vinificación, cuxas persoas viticultoras non contradigan a normativa vixente en materia de plantación de viñas para calquera das superficies de viña das súas explotacións.

Artigo 2. Definicións

Os termos utilizados nesta orde coinciden cos establecidos na normativa comunitaria vixente e na lexislación básica estatal. Así mesmo, para os efectos da aplicación desta orde entenderase por:

a) Agricultor mozo: a persoa que no momento de presentar a solicitude da axuda teña feitos os dezaoito anos e non teña feitos os corenta e un anos, e sexa titular dunha explotación agraria, de xeito individual, como cotitular ou como socio.

b) Agricultor profesional: a persoa física que, sendo titular dunha explotación agraria, obteña polo menos o 50 por cento da súa renda total de actividades agrarias ou outras actividades complementarias, sempre e cando a parte de renda procedente directamente da actividade agraria non sexa inferior ao 25 por cento da súa renda total e o volume de emprego dedicado a actividades agrarias ou complementarias sexa igual ou superior á metade dunha unidade de traballo agrario.

c) Arrinque: a eliminación total de todas as cepas que se atopen nunha superficie plantada de vide. Este arrinque inclúe a eliminación tanto do porta-enxerto como da parte aérea da planta.

d) Campaña vitícola: campaña que comeza o 1 de agosto de cada ano e remata o 31 de xullo do ano seguinte.

e) Medida: conxunto de operacións tendentes a conseguir a reestruturación e/ou reconversión dunha superficie de viña determinada.

f) Nova plantación: as plantacións para as cales se concede unha autorización de acordo coa porcentaxe da superficie plantada de viña en 31 de xullo do ano anterior, que se pon anualmente á disposición de conformidade co artigo 63 do Regulamento (UE) nº 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro.

g) Operación: conxunto de accións tendentes a lograr a reestruturación e reconversión dunha superficie de viña determinada e incluída na solicitude destas axudas.

h) Parcela de viña: superficie continua de terreo na cal un só viticultor cultiva a viña, formada por un conxunto de recintos cunha ou varias referencias alfanuméricas, representada graficamente no Sistema de información xeográfica de parcelas agrícolas (Sixpac).

i) Plantación non autorizada: plantacións de viña realizadas sen autorización.

j) Propietario: a persoa física ou xurídica ou agrupación de persoas físicas ou xurídicas, con independencia da forma xurídica da agrupación ou dos seus membros, ou ente sen personalidade xurídica, que ten o dereito real de propiedade sobre a parcela onde se atopa a viña.

k) Recinto de viña: é a superficie continua de terreo na cal hai asignado un uso agrícola relacionado coa viña (uso viña) en monocultivo ou asociado a outros cultivos, dentro dunha parcela agrícola do Sixpac. Pode coincidir ou non coa totalidade da parcela vitícola.

l) Sobreenxerto: o enxerto efectuado sobre unha vide xa enxertada con anterioridade.

m) Titular de arrinque: a persoa viticultora a cuxo nome se emite a resolución de arrinque.

n) Titular de autorización: a persoa que ten inscrita a autorización ao seu nome no Rexistro Vitícola.

o) Titular do dereito de plantación: a persoa que ten inscrito o dereito de plantación ao seu nome no Rexistro Vitícola antes do 31 de decembro de 2015.

p) Variedade de portaenxerto: variedade de vide cultivada para a produción de material vexetativo de vide e da cal se obteña a parte subterránea da planta.

q) Variedade de uva de vinificación: variedade de vide cultivada, de forma habitual, para a produción de uva destinada á elaboración de viños de consumo humano.

r) Viticultor: a persoa física ou xurídica, ou agrupación de persoas físicas ou xurídicas, con independencia da forma xurídica da agrupación ou dos seus membros, que cultive a superficie plantada de viña ben como consecuencia dun dereito de propiedade ben porque teña atribuído un dereito de disposición sobre o cultivo. Tamén se denomina cultivador ou colleiteiro.

Artigo 3. Beneficiarios

Poderán ser beneficiarios os viticultores inscritos no Rexistro Vitícola de Galicia (RVG) que destinen a produción de uva a vinificación.

Artigo 4. Requisitos das persoas beneficiarias

1. Só poderán figurar nun único plan, agás que a reestruturación e/ou reconversión se leve a cabo en distintas provincias.

2. Ter 18 anos e non superar os 65 anos na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

3. Deberán ter presentada a declaración de colleita de uva da campaña anterior, agás que non tivesen a obriga de presentala.

4. Ter inscritos, ao seu nome no RVG, os dereitos de replantación, resolucións de arrinque e/ou autorizacións de plantación que se van a incluír nos plans ou, na súa falta, antes do remate do prazo de solicitude destas axudas, presentar as correspondentes solicitudes: de conversión de dereitos en autorización de plantación, de autorización de arrinque e/ou de autorización de replantación, antes da caducidade das ditas autorizacións que se inclúan nestes plans.

5. Con carácter xeral, e de conformidade co establecido polos números 2 e 3 do artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e polo artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, non poderán obter a condición de beneficiarias das axudas reguladas nesta orde as persoas ou entidades en quen concorra algunha das circunstancias seguintes:

a) Ter sido condenadas mediante sentenza firme á pena de perda da posibilidade de obter subvencións ou axudas públicas.

b) Ter solicitado a declaración de concurso, ter sido declaradas insolventes en calquera procedemento, atoparse declaradas en concurso, salvo que neste adquirise a eficacia un convenio, estar suxeitas á intervención xudicial ou ter sido inhabilitadas conforme a Lei concursal sen que concluíse o período de inhabilitación fixado na sentenza de cualificación do concurso.

c) Ter dado lugar, por causa de que fosen declaradas culpables, á resolución firme de calquera contrato asinado coa Administración.

d) Estar incursa a persoa física, os administradores das sociedades mercantís ou aqueles que teñan a representación legal doutras persoas xurídicas nalgún dos supostos de incompatibilidades que estableza a normativa vixente.

e) Non estar ao día no cumprimento das obrigacións tributarias ou fronte á Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes. Tampouco poderán obter a condición de beneficiarios destas axudas aqueles que teñan débedas en período executivo de calquera outro ingreso de dereito público da Comunidade Autónoma de Galicia.

f) Ter a residencia fiscal nun país ou territorio cualificado regulamentariamente como paraíso fiscal.

g) Non estar ao día no pagamento de obrigacións por reintegro de subvencións nos termos que regulamentariamente se determinen.

h) Ter sido sancionada mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións segundo a Lei xeral de subvencións ou a Lei xeral tributaria.

6. Cumprir a normativa nesta materia e, en particular, o novo réxime de plantacións de viña, consonte o Real decreto 740/2015, do 31 de xullo, polo que se regula o potencial de produción vitícola e se modifica o Real decreto 1079/2014, do 19 de decembro, para a aplicación das medidas do programa de apoio 2014-2018 ao sector vitivinícola.

7. As comunidades de bens ou sociedades civís deberán cumprir as exixencias previstas para estas agrupacións no artigo 8.3º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, polo que deberán facer constar expresamente os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como a porcentaxe da subvención que se vai aplicar por cada un deles (anexo I), que terán igualmente a consideración de beneficiarios. Tamén deberán nomear un representante ou apoderado único con poder suficiente para cumprir as obrigas que como beneficiario correspondan á agrupación. Así mesmo, deberán acreditar a existencia dun pacto de indivisión da comunidade por un período mínimo de, polo menos, dez campañas contadas desde a campaña seguinte á que solicite o pagamento final.

8. Non ter ningún procedemento de recuperación de pagamentos indebidos destas axudas nos tres anos anteriores á convocatoria en curso.

Artigo 5. Plans de reestruturación e reconversión da viña

1. O réxime de axudas á reestruturación e á reconversión de viñas levarase a cabo a través de plans que agruparán as persoas viticultoras solicitantes das axudas, nos cales figurarán as operacións solicitadas por cada un deles para as súas explotacións.

2. Os plans en ningún caso se estenderán alén do exercicio financeiro 2018.

3. Os plans de reestruturación e reconversión poderán ser de dous tipos:

a) Colectivos, constituídos por un mínimo de 5 persoas viticultoras.

b) Individuais.

4. Os plans colectivos executaranse no marco dun acordo celebrado entre todos os viticultores participantes. Este acordo incluirá a designación dun representante do plan.

5. Así mesmo, no dito acordo recollerase o compromiso das persoas viticultoras de dispoñer dun técnico agrario (con titulación de enxeñeiro agrónomo, enxeñeiro técnico agrícola ou grao en enxeñaría agrícola e do medio rural). O representante do plan poderá exercer como técnico sempre que reúna a titulación exixida.

Artigo 6. Condicións dos plans de reestruturación e reconversión da viña

Para poder acceder a estas axudas, cumpriranse as seguintes condicións:

1. A superficie total reestruturada e/ou reconvertida no marco dun plan será de, polo menos, unha hectárea (1 ha) para os plans colectivos e 0,2 ha para os plans individuais.

2. O ámbito territorial dos plans non será superior ao dunha provincia, agás que se faga en terreos dunha denominación de orixe ou indicación xeográfica protexidas (DOP/IXP) e que a súa zona de produción comprenda máis dunha provincia.

3. A parcela de viña, unha vez reestruturada ou reconvertida, será polo menos de 100 m2. Malia o anterior, nos casos en que a medida se limite a operacións de reenxerta e/ou cambio de sistema de condución, a superficie mínima será aquela con que a parcela figura no rexistro vitícola de Galicia.

4. A superficie máxima elixible será de 15 hectáreas por persoa viticultora e ano de convocatoria.

Artigo 7. Forma e lugar de presentación das solicitudes

1. Segundo o indicado no artigo 29 do Real decreto 597/2016, do 5 de decembro, para a aplicación das medidas do programa de apoio 2014-2018 ao sector vitivinícola, a presentación das solicitudes realizarase de maneira electrónica.

2. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

Artigo 8. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 9. Investimentos subvencionables

1. O apoio á reestruturación e reconversión de viña só poderá concederse para unha o varias das actividades seguintes:

a) A reimplantación de viñas.

b) A reconversión varietal.

c) A mellora das técnicas de xestión de viñas.

As operacións de reestruturación e reconversión elixibles, as súas características e os seus custos unitarios máximos recóllense no anexo VI desta orde.

2. Non se subvencionará:

a) A renovación normal dos viñedos que chegasen ao final do seu ciclo natural, entendida como a replantación dunha mesma parcela de terra coa mesma variedade de uva de vinificación e segundo o mesmo método de cultivo.

b) As operacións de xestión diaria dunha viña.

c) A protección contra danos ocasionados pola caza maior, aves ou saraiba.

d) Construcións de cortaventos e muros de protección contra o vento.

e) Vías de acceso e elevadores.

f) Adquisición de vehículos agrícolas.

g) As operacións realizadas con material de segunda man.

h) As novas plantacións de viña concedidas en virtude dos artigos 63 e 64 do Regulamento (UE) nº 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro.

i) Os arrinques naquelas superficies onde se empreguen autorizacións de plantación concedidas en virtude dos artigos 66 e 68 do Regulamento (UE) nº 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, non xeradas polo arrinque efectuado na aplicación do plan de reestruturación e con anterioridade á solicitude do plan.

j) O IVE.

Artigo 10. Comezo da subvencionabilidade

Serán subvencionables os gastos efectuados con posterioridade á presentación da solicitude da axuda en tempo e forma tras a correspondente convocatoria pública, tendo en conta que a simple presentación da solicitude en modo ningún garantiza a súa aprobación.

Non se aprobarán aquelas solicitudes que na data da inspección inicial a que fai referencia o parágrafo seguinte xa tivesen realizado nalgunha das parcelas a operación de plantación sen autorización da autoridade competente. Tampouco se subvencionarán aquelas operacións que na data da inspección inicial estean executadas ou dese comezo a súa execución.

A Consellería do Medio Rural efectuará, con anterioridade á concesión das axudas, unha inspección inicial sobre o terreo dos datos incluídos na solicitude e determinará, en función das características da parcela, a necesidade das operacións de retirada de pedras, cambio de sistema de condución, socalcamento e/ou a de nivelación do terreo se estas accións están incluídas no expediente.

Artigo 11. Tramitación e resolución das axudas

1. A xefatura territorial da Consellería do Medio Rural instruirá os expedientes e realizará de oficio cantas actuacións considere necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos en virtude dos cales debe formularse a proposta de resolución.

Se a solicitude de axuda non reúne os requisitos previstos ou non se presenta cos documentos preceptivos, requirirase para que, no prazo de dez días, emende a falta ou xunte os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fai, se considerará que desiste da súa petición, logo da correspondente resolución, de conformidade co disposto nos artigos 68.1 e 21.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

2. Unha vez que a xefatura territorial da Consellería do Medio Rural verifique o cumprimento dos requisitos para a concesión da axuda, o órgano colexiado, despois de baremar as solicitudes de acordo co artigo 27 (criterios de selección de operacións), formulará a proposta de resolución. Este órgano estará presidido polo subdirector xeral de Explotacións Agrarias e integrado por tres funcionarios desa mesma subdirección xeral con categoría non inferior a xefe de negociado, un dos cales actuará como secretario.

3. A persoa titular desta consellería ou en quen delegue, vista a proposta, ditará a correspondente resolución de concesión da subvención e o seu importe previsto, segundo as normas e criterios establecidos nesta orde, no prazo de cinco meses contados a partir da data de remate do prazo de solicitude. Transcorrido o dito prazo sen que se ditase e notificase a correspondente resolución, o interesado poderá entender desestimada a súa solicitude.

Artigo 12. Notificacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos efectuaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. As notificacións electrónicas realizaranse mediante o Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación efectuada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. As notificacións por medios electrónicos entenderanse efectuadas no momento enque se produza o acceso ao seu contido. Cando a notificación por medios electrónicos sexa de carácter obrigatorio ou fose expresamente elixida polo interesado, entenderase rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

4. Se o envío da notificación electrónica non for posible por problemas técnicos, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico efectuarán a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 13. Modificación da resolución de concesión

1. Toda alteración das condicións iniciais para a concesión das axudas previstas nesta orde e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

2. Unha vez aprobada a solicitude de axuda, non se admitirá ningunha modificación de parcelas iniciais nin finais, nin da procedencia das autorizacións.

3. Malia o disposto no número anterior, calquera modificación dos investimentos aprobados que supoña un cambio de obxectivos ou conceptos, así como de calquera condición específica sinalada na resolución de concesión, requirirá a autorización desta consellería, unha vez presentada a correspondente solicitude xustificativa.

Permitirase o cambio da variedade aprobada por outra recomendada na Comunidade Autónoma de Galicia ou o cambio do portaenxerto aprobado por outro que tamén sexa certificado. Estas modificacións, que deberán ser comunicadas polo beneficiario xunto coa solicitude de pagamento da axuda, non precisan nova resolución de aprobación.

4. Para que se autorice a unha nova persoa viticultora a subrogación nos dereitos e obrigas derivados da axuda concedida, esta nova persoa deberá cumprir os requisitos exixidos para ser beneficiaria das axudas e asumir os compromisos adquiridos pola anterior viticultora a que se lle concedeu a axuda.

5. Unha vez aprobado o expediente, calquera cambio sobre os investimentos que se aprobaron deberá ser solicitado cunha anterioridade de, polo menos, 2 meses antes de que remate o prazo de execución. A autorización destes cambios será anterior á execución deles. Isto supón que os xustificantes do gasto e do pagamento destes novos investimentos autorizados deberán ter data posterior á dita autorización.

Estes cambios sobre os investimentos deberán ser autorizados pola Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, por delegación da conselleira do Medio Rural.

O prazo para resolver estes cambios será de 1 mes. Se, transcorrido o prazo para ditar a correspondente autorización, esta non se producise, o beneficiario entenderá denegada a súa petición de cambio de investimento.

6. Nos casos en que a persoa beneficiaria non execute na súa totalidade os investimentos para os cales ten concedida a axuda ou se produzan desviacións substanciais entre o investimento realizado e o aprobado, deberá indicar na solicitude de pagamento os investimentos polos cales a solicita, e a axuda recalcularase segundo corresponda á redución do investimento.

7. Para a modificación da resolución non poderán ser tidos en conta requisitos ou circunstancias que, debendo concorrer no momento en que se ditou a resolución, tiveron lugar con posterioridade a ela.

8. A Consellería poderá rectificar de oficio a resolución cando dos elementos que figuren nela se deduza a existencia dun erro material, de feito ou aritmético.

Artigo 14. Prazo de xustificación

1. O prazo de xustificación destas axudas remata o 31 de xullo de 2018, inclusive.

2. Transcorrido o prazo establecido de xustificación sen se ter presentado a solicitude de pagamento, requirirase o beneficiario para que a presente no prazo improrrogable de dez días. A falta de presentación da solicitude no prazo establecido neste parágrafo comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro das cantidades percibidas e poderá supor a apertura dun expediente sancionador segundo se establece na Lei de subvencións de Galicia. A presentación da xustificación no prazo adicional establecido neste parágrafo non eximirá o beneficiario das sancións que, conforme a lei, correspondan.

Artigo 15. Recursos administrativos

A resolución da subvención porá fin á vía administrativa e contra ela poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante a conselleira do Medio Rural no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da recepción da notificación da resolución, ou en calquera momento a partir do día seguinte a que se entenda desestimada por silencio administrativo, ou ben ser impugnada directamente perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses se a resolución for expresa.

Artigo 16. Incompatibilidade das axudas

1. Estas axudas son incompatibles con calquera outra axuda.

2. As persoas solicitantes das axudas previstas nesta orde xuntarán, coa solicitude inicial, unha declaración do conxunto de todas as solicitudes de axuda efectuadas ou concedidas para o mesmo proxecto polas distintas administracións públicas.

3. Así mesmo, coa xustificación da execución total do proxecto e, en todo caso, antes do pagamento final, presentarán unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto das aprobadas ou concedidas como das pendentes de resolución, para o mesmo proxecto, das distintas administracións públicas competentes ou de calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.

Artigo 17. Reintegro da axuda

1. Procederá o reintegro total ou parcial do importe da axuda máis os xuros de demora correspondentes, no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión e, en todo caso, nos supostos previstos na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no Decreto 11/2009, que a desenvolve, tendo en conta as excepcións contidas.

2. Procederá o reintegro total nas seguintes circunstancias:

a) Obtención da subvención falseando as condicións requiridas para iso ou ocultando aquelas que o impedirían.

b) Incumprimento total ou parcial do obxectivo, da actividade ou do proxecto ou non adopción do comportamento que fundamenta a concesión da subvención.

c) Incumprimento da obriga de xustificación ou a xustificación insuficiente dos gastos xustificativos dos investimentos subvencionados.

d) Incumprimento da obriga de adoptar as medidas de difusión contidas na lei.

e) Resistencia, escusa, obstrución ou negativa ás actuacións de comprobación e control financeiro, así como o incumprimento das obrigas contables, rexistrais ou de conservación de documentos cando diso derive a imposibilidade de verificar o emprego dado aos fondos percibidos, o cumprimento do obxectivo, a realidade e regularidade das actividades subvencionadas, ou a concorrencia de subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera administración ou ente público ou privado, estatal, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

f) Incumprimento das obrigas impostas aos beneficiarios, así como dos compromisos por estes asumidos, con motivo da concesión da subvención, sempre que afecten ou se refiran ao modo en que se conseguen os obxectivos, se realiza a actividade, se executa o proxecto ou se adopta o comportamento que fundamenta a concesión da subvención.

g) Incumprimento das obrigas impostas aos beneficiarios, así como dos compromisos por estes asumidos, con motivo da concesión da subvención, distintos dos anteriores, cando diso derive a imposibilidade de verificar o emprego dado aos fondos percibidos, o cumprimento do obxectivo, a realidade e regularidade das actividades subvencionadas ou a concorrencia de subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, estatal, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

h) O beneficiario que incumpra a obriga de manter en cultivo as superficies acollidas a estas axudas un período mínimo de dez campañas, contando desde a campaña seguinte á que solicitou o pagamento final, deberá devolver a axuda percibida máis os xuros legais producidos desde a data do pagamento, salvo causa de forza maior ou circunstancias excepcionais, ou nos casos de expropiacións.

3. Non procederá o reintegro das axudas percibidas cando o incumprimento dalgún dos requisitos exixidos ao beneficiario sexa debido a algunha das seguintes causas de forza maior:

a) Falecemento do beneficiario.

b) Incapacidade laboral de longa duración do beneficiario.

c) Catástrofe natural grave que afecte considerablemente a explotación.

d) Enfermidade vexetal que afecte a unha parte ou a totalidade dos cultivos do beneficiario.

e) Expropiación da totalidade ou dunha parte importante da explotación, se esta expropiación non era previsible o día en que presentou a solicitude.

4. Tampouco se producirá o reintegro cando, durante o período de compromiso contraído como condición para a concesión dunha axuda, se produza un cambio de titularidade da explotación e o novo viticultor asuma os compromisos e obrigas, durante a parte restante do devandito período. De non asumirse o compromiso, a persoa beneficiaria estará obrigada a reembolsar as axudas percibidas.

Artigo 18. Controis, reducións, exclusións e sancións

1. Antes do pagamento das axudas, as persoas beneficiarias deberán acreditar de novo a xustificación de estaren ao día nas súas obrigas fiscais e coa Seguridade Social e de que non teñen ningunha débeda pendente de pagamento coa Administración da comunidade autónoma.

2. Se o viticultor non executa a operación na superficie total para a cal se lle aprobou a axuda, terase en conta a diferenza entre a superficie aprobada e a superficie realmente executada determinada polos controis sobre o terreo. Se esta diferenza non supera o 20 %, calcularase sobre a base da superficie determinada polos controis sobre o terreo. Se a diferenza é superior ao 20 % pero igual ou inferior ao 50 %, calcularase sobre a base da superficie determinada polos controis sobre o terreo e reducida no dobre da diferenza comprobada. No entanto, non terá dereito á axuda no caso de que esta diferenza de superficie supere o 50 %.

3. Sen prexuízo do establecido no parágrafo anterior, aos beneficiarios destas axudas seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto no título IV da Lei xeral de subvencións e nos artigos 50 a 68 da Lei 9/2007, do 13 de xuño (DOG núm. 121, do 25 de xuño), de subvencións de Galicia.

4. Se se constatar que unha persoa beneficiaria, en calquera momento ao longo de tres anos a partir do 1 de xaneiro do ano seguinte ao ano natural en que se producise o primeiro pagamento da axuda en virtude da presente orde, non respectou na súa explotación os requisitos legais de xestión e as boas condicións agrarias e ambientais a que se refiren os artigos 91, 92, 93, 94 e 95 do Regulamento (UE) nº 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, e este incumprimento se debe a unha acción ou omisión imputable directamente ao beneficiario, o importe da axuda reducirase ou cancelarase, parcial ou totalmente, dependendo da gravidade, alcance, persistencia e repetición do incumprimento, e o beneficiario deberá reintegralo, se procede. Para os efectos deste control de condicionalidade, deberase dispoñer de información actualizada sobre as referencias alfanuméricas Sixpac de todas as parcelas que forman parte da explotación da persoa beneficiaria.

Artigo 19. Obriga de facilitar información

Ademais da documentación complementaria que durante a tramitación do procedemento lles poidan exixir os órganos competentes da Consellería do Medio Rural, os beneficiarios das axudas teñen a obriga de facilitar toda a información que lles sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, polo Tribunal de Contas e polo Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas públicas, así como a que lles sexa solicitada por calquera órgano de inspección ou control do Estado ou da Unión Europea.

Artigo 20. Transparencia, bo goberno e publicidade

1. De conformidade co artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e co artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a consellería responsable da iniciativa publicará na súa páxina web oficial a relación das persoas beneficiarias e o importe das axudas concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, puideren impoñerse nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias e a referida publicidade.

2. Por outra parte, de conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitirase á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.

3. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquelas das obrigas previstas no título I da citada lei.

Asemade, a presentación da solicitude tamén leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos dos beneficiarios para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo coa Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Sen prexuízo do disposto no artigo 9, as resolucións de concesión ou denegación da axuda serán obxecto de publicación de conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Artigo 21. Xustificantes do gasto dos investimentos

1. Os xustificantes do gasto consistirán, de forma xeral, nas facturas orixinais acreditativas dos investimentos que cumpran as exixencias que establece a Axencia Tributaria (Real decreto 1619/2012, do 30 de novembro).

2. As facturas deberán cumprir, como mínimo, os seguintes requisitos:

a) Número e, se é o caso, serie.

b) Data de expedición.

c) Nome e apelidos, razón ou denominación social completa, tanto do obrigado a expedir factura como do destinatario das operacións.

d) Número de identificación fiscal atribuído pola Administración española ou, se é o caso, pola doutro Estado membro da Comunidade Europea, con que realizase a operación o obrigado a expedir a factura.

e) Domicilio, tanto do obrigado a expedir factura como do destinatario das operacións.

f) Descrición das operacións consignando todos os datos necesarios para a determinación da base impoñible do imposto, correspondente a aquelas, e o seu importe, incluíndo o prezo unitario sen imposto das ditas operacións, así como calquera desconto ou rebaixa que non estea incluído no devandito prezo unitario.

g) O tipo impositivo ou tipos impositivos, se é o caso, aplicados ás operacións.

h) A cota tributaria que, se é o caso, lle repercuta, deberá consignarse por separado.

i) A data en que se efectuasen as operacións que se documentan, sempre que se trate dunha data distinta á de expedición da factura.

j) No caso de que unha operación estea exenta ou non suxeita ao IVE, especificarase o artigo da normativa referida ao IVE que así o recoñece.

k) Só se considerará subvencionable a base impoñible que figure na factura. O IVE non será subvencionable.

l) Non se admitirán como xustificantes de gasto albarás, notas de entrega, facturas pro forma, tíckets nin as facturas que non conteñan todos os requisitos citados para a súa consideración como tales ou cuxa data non se axuste aos prazos citados.

m) Unha partida do orzamento auxiliable poderá xustificarse mediante unha ou varias facturas relativas aos conceptos de gasto incluídos na dita partida, sempre que a dita partida admita a desagregación en distintos conceptos.

3. O xustificante do pagamento de facturas realizarase mediante a presentación dos documentos xustificativos que aseguren a efectividade do pagamento, e non se admiten pagamentos en metálico.

Considéranse documentos xustificativos do pagamento das facturas os seguintes:

a) Xustificante bancario do pagamento polo beneficiario (transferencia bancaria, ingreso de efectivo na entidade, certificación bancaria), en que conste o número da factura obxecto de pagamento, a identificación do beneficiario que paga e do destinatario do pagamento, que deberá coincidir coa persoa, empresa ou entidade que emitiu a factura.

b) Se o pagamento se instrumenta mediante efectos mercantís que permitan o pagamento aprazado (cheque, obriga de pagamento, letra de cambio etc.) achegarase a factura xunto coa copia do efecto mercantil, acompañado da documentación bancaria (extracto da conta do beneficiario, documento bancario acreditativo do pagamento do efecto etc.) en que conste claramente que o dito efecto foi efectivamente cargado na conta do beneficiario dentro do prazo de xustificación.

c) No caso de que un xustificante de pagamento inclúa varias facturas imputadas ao proxecto, deberán identificarse no documento do pagamento as facturas obxecto del.

d) No caso dunha factura cuxo pagamento se xustifique mediante varios documentos de pagamento, cada un destes deberá facer referencia á factura a que se imputa o pagamento, e xuntarase unha relación de todos os documentos de pagamento e importes acreditativos do pagamento desa factura.

e) No caso de facturas pagadas conxuntamente con outras non referidas ao proxecto, deberá identificarse claramente no documento de pagamento a factura ou facturas cuxo pagamento se imputa ao proxecto.

f) No caso de facturas en moeda estranxeira, deben xuntarse os documentos bancarios de cargo en que conste o cambio utilizado.

g) Non se admitirán en ningún caso como xustificantes os documentos acreditativos obtidos a través da internet se non están validados pola entidade bancaria ou non dispoñen de códigos para a súa verificación por terceiros na sede electrónica da dita entidade bancaria.

Artigo 22. Medición das superficies reestruturadas e/ou reconvertidas

Para a determinación da axuda a que ten dereito a persoa viticultora pola reestruturación e/ou reconversión dunha superficie de viña e, se é o caso, polo arrinque dunha superficie de viña dentro do plan e a compensación por perda de renda derivada deste, observarase o disposto no artigo 75 do Regulamento (CE) nº 555/2008 da Comisión, do 27 de xuño, que establece que unha superficie plantada de viña se define mediante o perímetro externo das cepas máis unha marxe cuxa largura corresponda á metade da distancia entre as filas.

CAPÍTULO II
Convocatoria

Artigo 23. Convocatoria

Convócanse para o exercicio orzamentario 2017, en réxime de concorrencia competitiva, as axudas aos plans de reestruturación e reconversión da viña na campaña vitícola 2017/18 en Galicia, de acordo coas bases reguladoras establecidas no capítulo I desta orde.

Artigo 24. Prazo de presentación das solicitudes de axuda

O prazo de presentación de solicitudes será de 1 mes, que se contará desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Artigo 25. Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento

1. Para solicitar a axuda do procedemento MR446A, as persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Acreditación da persoa representante, se for o caso.

b) Anexo II: datos do plan colectivo, se for o caso.

c) Anexo II-bis, se for o caso.

d) Anexo III: acordo celebrado entre as persoas viticultoras integrantes do plan, só para os plans colectivos.

e) Documentación xustificativa da propiedade ou disposición por calquera réxime de tenza da parcela onde se vai reestruturar e/ou reconverter a viña.

f) Anexo IV: relación Sixpac das parcelas agrícolas que integran a explotación.

g) Cartografía vixente cos datos identificativos dos recintos Sixpac incluídos na solicitude, tanto dos iniciais, se se incorpora ao plan coa viña sobre o terreo, como dos finais onde vai situarse a parcela reestruturada, cando esta non coincida coa inicial ou cando achega ao plan autorizacións de replantación e/ou de plantación de viña por conversión de dereitos de plantación.

h) Informe de vida laboral.

i) Para aquelas solicitudes cuxo peticionario sexa unha comunidade de bens ou unha sociedade civil, pacto de indivisión de, polo menos, dez campañas contadas desde a campaña seguinte á que solicitou o pagamento final.

j) As comunidades de bens deberán acreditar a súa constitución mediante a presentación dos estatutos e acta de constitución e deberán acreditar os requisitos dos seus comuneiros mediante a presentación de toda a documentación especificada para este tipo de entidades.

k) Tres orzamentos. As ofertas presentadas deberán cumprir os seguintes requisitos:

i. Deberán proceder de empresas que teñan como obxecto social a fabricación ou subministración dos bens ou servizos incluídos na oferta, salvo a compra de terreos.

ii. Non poderán proceder de empresas vinculadas entre elas nin co solicitante, nos termos establecidos na lexislación de contratos do sector público.

iii. Deberán incluír como mínimo o NIF, o nome e o enderezo da empresa oferente, o nome ou razón social da empresa solicitante da axuda, a data de expedición e unha descrición detallada dos conceptos ofertados. Para que a descrición dos conceptos se considere detallada deberá incluír, no caso de obra civil e instalacións, a relación pormenorizada e cuantificada das unidades de obra que inclúe, no caso de subministración de maquinaria e equipamentos, a súa marca e o modelo, así como características técnicas.

Non se considerarán admisibles as ofertas presentadas que non reúnan estes requisitos, o que poderá dar lugar á exclusión como subvencionable do gasto xustificado con esa oferta.

A elección entre as ofertas presentadas realizarase conforme criterios de eficiencia e economía e debe xustificarse expresamente nunha memoria a elección, baseada nos criterios sinalados, cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa. No caso de non ser así, considerarase como importe máximo subvencionable para ese concepto o correspondente á proposta económica máis vantaxosa.

2. Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.

3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

5. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

6. Non serán admitidas a trámite as solicitudes que se presenten fóra do prazo establecido nesta convocatoria e resolverase a súa inadmisión, que deberá ser notificada aos interesados nos termos previstos no artigo 40 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Artigo 26. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) DNI/NIE da persoa solicitante.

b) DNI/NIE da persoa representante (se for o caso).

c) NIF da entidade solicitante.

d) DNI/NIE da persoa representante do plan colectivo (se for o caso).

e) DNI/NIE do técnico do plan colectivo (se for o caso).

f) Certificado da renda (IRPF).

g) Datos catastrais das parcelas.

h) Certificación descritiva e gráfica das parcelas.

i) Estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

j) Estar ao día no pagamento de obrigas tributarias (AEAT).

k) Estar ao día no pagamento coa Xunta de Galicia.

l) Comunicación ou autorización de cambio de actividade de forestal a agrícola.

m) Informe do xefe do servizo territorial correspondente da consellería competente en materia de agricultura responsable dos traballos de concentración parcelaria, acerca de que a operación de que se trata non supón ningún prexuízo para o proceso.

n) Consulta ao Rexistro Vitícola de Galicia sobre o réxime de autorización para a plantación de vide dispoñible.

o) Título oficial universitario do técnico do plan colectivo.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio, no anexo II ou no anexo II-bis, de ser o caso, e achegar os documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 27. Criterios de selección de operacións

1. Establécense os seguintes criterios de prioridade:

a) A superficie en que solicita a operación sufriu un fenómeno meteorolóxico adverso no último ano: 8 puntos.

b) Plan colectivo: 7 puntos.

c) Superficie reestruturada de viña baixo o ámbito dunha denominación de orixe ou indicación xeográfica protexidas «viño da terra», maior do 50 % da superficie pola que se solicita: 5 puntos.

d) Superficie reestruturada de viña situada en zonas desfavorecidas, de acordo coas categorías establecidas no capítulo V do Regulamento 1257/1999, do 17 de maio, e consonte a relación de concellos recollida na Directiva 86/466/CEE do Consello, do 14 de xullo, maior do 50 % da superficie pola que se solicita: 4 puntos.

e) Agricultores mozos ou persoas beneficiarias dunha axuda á incorporación de mozos á actividade agraria respecto ao total de viticultores que integran o plan, maior do 50 % do total dos solicitantes: 3 puntos.

f) Agricultores profesionais respecto do total de viticultores que integran o plan maior do 50 % do total dos solicitantes, no caso de persoas xurídicas polo menos o 50 % dos socios deberán ter esta consideración: 2 puntos.

g) Explotacións de titularidade compartida respecto do total de viticultores que integran o plan maior do 50 % do total dos solicitantes: 1 punto.

h) Persoa viticultora muller respecto do total de viticultores que integran o plan maior do 50 % do total dos solicitantes, no caso de persoas xurídicas polo menos o 50 % dos socios deberán ter esta consideración: 1 punto.

2. No caso de empate a puntos, priorizaranse segundo a orde indicada no punto anterior.

3. A aplicación dos criterios de prioridade realizarase tendo en conta o momento de finalización do prazo de presentación da solicitude de axuda.

Artigo 28. Contía económica das axudas

As axudas poderán ser de:

a) Compensación por perda de ingresos. O importe da compensación por perda de renda que se aplicará a todas as solicitudes que cumpran os requisitos establecidos nesta orde é de 1.290,00 euros/ha e campaña. Concederase durante dúas campañas. Non terán dereito á compensación por perda de ingresos aquelas superficies reestruturadas coa achega dun dereito de replantación non xerado da aplicación do plan de reestruturación, nin cando procedan dun arrinque efectuado con anterioridade á solicitude do plan.

Cando as operacións que se leven a cabo sobre unha parcela de viña sexan a reconversión varietal e/ou o cambio de sistema de condución, concederase a compensación por perda de ingresos para esa superficie por unha soa campaña.

b) Custos de reestruturación e reconversión da viña. Para os plans colectivos, a axuda será do 50 % dos custos elixibles, e para os plans individuais do 35 %.

Artigo 29. Xustificación e pagamento da axuda

1. Só serán subvencionables os investimentos que se realicen e cuxo gasto e pagamento se xustifiquen con posterioridade á data de presentación da solicitude e ata a data límite de realización dos investimentos, sempre e cando recaia resolución aprobatoria da axuda sobre os ditos investimentos.

2. Unha vez realizados os investimentos ou gastos aprobados, e cumpridos, de ser o caso, os compromisos adquiridos, as persoas interesadas deberán comunicalo. Xunto coa dita comunicación, achegarase a documentación acreditativa dos investimentos efectuados. Esta comunicación terá a consideración de solicitude de pagamento.

3. O montante percibido en ningún caso poderá ser superior ao que resulte da aplicación destas porcentaxes sobre o gasto efectivamente realizado e acreditado mediante factura e xustificante de pagamento.

4. Ademais, para solicitar o pagamento a persoa beneficiaria deberán contar coas autorizacións administrativas requiridas ou, na súa falta, presentadas as súas solicitudes.

5. Nos casos en que a persoa beneficiaria non executase na súa totalidade os investimentos para o cales se lle concedeu a axuda, deberá indicar na solicitude de pagamento os investimentos executados, ademais de facer figurar exclusivamente a relación das parcelas da explotación que finalmente fosen reestruturadas ou reconvertidas, xunto coa superficie obxecto de reestruturación ou reconversión.

6. Os investimentos elixibles xustificaranse coa seguinte documentación:

a) No caso de sobreenxerto, factura da procedencia do material vexetal de vide empregado no porta-enxerto para o cambio da vinífera, por tratarse de plantas con regulamento técnico de control e certificación de plantas de viveiro.

b) No caso de desinfección de solo, copia da ficha dos tratamentos fitosanitarios da explotación en que figure rexistrada esta aplicación.

c) Nas implantacións de viña en terreo que non tivese este uso, solicitude de modificación de uso no Sixpac.

d) Declaración responsable do solicitante da axuda de que non solicitou nin se lle concedeu ningunha outra axuda para a mesma finalidade, procedente de calquera outra Administración pública.

e) Facturas e xustificantes de pagamento.

7. As resolucións de autorización de arrinque correspondentes a parcelas que inclúen esta operación nos investimentos aprobados terán data de, como mínimo, un mes antes da comunicación de finalización de melloras e solicitude do pagamento.

8. As resolucións de concesión de conversión de dereitos de plantación en autorización de plantación de viña achegados ao plan terán data de, como mínimo, un mes antes da comunicación de finalización de melloras e solicitude do pagamento.

Artigo 30. Anticipo

As persoas viticultoras ás cales o investimento lles exixa pagamentos inmediatos, poderán solicitar un anticipo polo 50 % da axuda aprobada cando teña constituído unha garantía por un importe do 110 % da cantidade que se abonará no anticipo.

Unha vez executadas as operacións relacionadas co anticipo, deberá achegar a correspondente declaración de gastos (anexo V).

Artigo 31. Prazo de execución e de solicitude de pagamento

O prazo máximo de execución das medidas de reestruturación e reconversión da viña solicitadas ao abeiro desta convocatoria será o 31 de xullo de 2018.

Transcorrido o prazo establecido de xustificación dos investimentos sen se ter presentado esta, requirirase o beneficiario para que a presente no prazo improrrogable de dez días. A falta de presentación da xustificación no prazo establecido neste parágrafo comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia. A presentación da xustificación no prazo adicional establecido neste parágrafo non eximirá o beneficiario das sancións que, conforme a lei, correspondan.

Artigo 32. Financiamento

1. O financiamento das axudas recollidas nesta orde efectuarase con cargo á seguinte aplicación orzamentaria dos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia:

13.03.713C 772.1, cun importe para o ano 2017, un millón trescentos mil euros (1.300.000 €), para o ano 2018 de cen mil euros (100.000 €). En total, un millón catrocentos mil euros (1.400.000 €).

2. A dita aplicación orzamentaria poderase incrementar, segundo se establece no artigo 31 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no caso de xerar, ampliar ou incorporar crédito, ou coa existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito incluído no mesmo programa.

Disposición adicional primeira. Réxime xurídico

As axudas a que se refire esta orde, ademais do previsto por ela e polas súas normas de desenvolvemento, rexeranse por:

– O Real decreto 597/2016, do 5 de decembro, para a aplicación das medidas do programa de apoio 2014-2018 ao sector vitivinícola.

– A Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

– A Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

– O Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

– A Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas.

Disposición adicional segunda. Datos de carácter persoal

De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación desta disposición cuxo tratamento e publicación autoricen as persoas interesadas mediante a presentación das solicitudes serán incluídos nun ficheiro denominado «Relacións administrativas coa cidadanía e entidades» co obxecto de xestionar o presente procedemento, así como para informar as persoas interesadas sobre a súa tramitación. O órgano responsable deste ficheiro é a Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante a Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, mediante o envío dunha comunicación ao seguinte correo electrónico a sxt.medio-rural@xunta.gal.

Disposición derradeira primeira. Execución

Facúltase a persoa titular da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias para ditar os actos necesarios para a execución da presente orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde terá efectos o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2017

Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira do Medio Rural

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO VI
Operacións elixibles

Operacións elixibles

Factura de contratación externa (importes máximos)

A) Reimplantación de viñas

1. Arrinque (incluída a recolla de cepas)

430 €/ha

2. Preparación do solo

(1.400 €/ha)

– Labra profunda

410 €/ha

– Emenda orgánica e/ou mineral (con factura do produto fornecido)

900 €/ha

– Labra superficial

70 €/ha

– Pasada de rolo

20 €/ha

3. Desinfección (1)

2.000 €/ha

4. Retirada de pedras (2)

400 €/ha

5. Nivelación do terreo

800 €/ha

6. Socalcamento (3)

19.000 €/ha

7. Socalcamento con muras de pedra en pendentes superiores ao 30 % (3)

30.000 €/ha

8. Planta e plantación (4)

– Factura de planta

1,33 €/ud.

– Plantación

0,36 €/ud.

9. Protección individual contra coellos no momento da plantación (incluída a colocación) (5)

– Factura protectores

0,37 €/ud.

– Colocación protectores

0,13 €/ud.

10. Sistemas de condución (incluída a colocación) (6)

– Espaller

3.400 €/ha

– Estacada

5.000 €/ha

– Parra ou similar

15.000 €/ha

– Elevación individualizada (7)

1 €/ud

B) Reconversión de viñas

1. Sobreenxertía

0,9 €/ud

C) Mellora de técnicas de xestión

1. Cambio de sistema de condución

600 €/ha + sistema de condución

Non se financiarán operacións de forma illada, exceptuando a sobreenxertía e/ou o sistema de condución entendido como técnica de mellora da xestión da viña.

(1) Unicamente será elixible a desinfección do terreo cando o produto empregado estea autorizado no Rexistro de Produtos e Materiais Fitosanitarios. A persoa ou empresa que efectúe o tratamento deberá ter a cualificación adecuada e, no caso de que sexa unha empresa a que o realice, figurará inscrita no Rexistro Oficial de Produtores e Operadores de Medios de Defensa Fitosanitaria (ROPO). A necesidade de realizar unha desinfección do terreo xustificarase achegando unha análise microbiolóxica de solo realizada por un laboratorio recoñecido. Será obrigatorio comunicar por escrito á oficina agraria comarcal que lle corresponda, con polo menos dez días de antelación, a data e hora en que se realizará esta operación, así como o produto que se vai empregar e a persoa ou empresa que levará a cabo a aplicación, achegando a copia do contrato neste último caso. No caso de non ser comunicado no prazo establecido, non se procederá ao pagamento desta operación aínda que se levase a cabo.

(2) O técnico da OAC que realice a acta de non inicio informará da pertinencia ou non desta medida segundo o estado do terreo.

(3) Operacións de socalcamento: serán elixibles as operacións de socalcamento cando a pendente media da parcela sexa igual ou superior ao 10 % e a mura, no caso de non deixar o noiro de terra, se constrúa a base de materiais propios da zona.

Para establecer o investimento elixible desta operación será necesaria a presentación dunha memoria ou dun proxecto, elaborados por un técnico agrario (con titulación de enxeñeiro agrónomo, enxeñeiro técnico agrícola, ou grao en enxeñaría agrícola e do medio rural) que inclúa:

i. Localización e pendente media da parcela.

ii. Características construtivas: unidades de obra e materiais en que se realizará a mura, planos cos perfís lonxitudinais e curvas de nivel, planos de planta e perfil das muras previstas e número de socalcos.

iii. Orzamento detallado, no cal figure un estudo dos custos dos traballos que se van desenvolver, desagregando materiais e man de obra, e calendario previsto de execución e finalización das medidas.

En pendentes do 30 % ou menores no caso de non deixar noiro de terra, estará realizada con cachotaría ou muras tipo crebaondas de pedras acordes coa tipoloxía da contorna.

Non serán subvencionables o incremento na altura das muras nin a súa reconstrución.

Os importes máximos desagregados segundo a pendente son os seguintes:

Pendente do terreo

(importes máximos €/ha)

Cachotaría

Muras tipo crebaondas

Terra

10-18 %

11.250

10.188

9.594

19-22 %

13.750

12.452

11.726

23-26 %

16.250

14.716

13.858

27-30 %

19.000

16.980

15.990

31-34 %

22.712

22.712

-

35-38 %

25.384

25.384

-

>38 %

30.000

30.000

-

(4) A factura da planta certificada ten que estar expedida por un viveiro autorizado. Poderanse tamén admitir as facturas emitidas por comerciantes que figuren no Rexistro Oficial de Produtores, Comerciantes e Importadores de Produtos Vexetais (ROPCIV) que veñan acompañadas da copia cotexada da factura do viveiro autorizado ao comerciante. Se for o caso, poderá solicitarse que se acheguen tamén as etiquetas da planta empregada.

Acreditación oficial de que o viveiro está autorizado cando non sexa español.

Os portaenxertos que se empreguen serán da categoría certificada e procederán de viveiros legalmente autorizados ou de comerciantes rexistrados no Rexistro Oficial de Produtores, Comerciantes e Importadores de Produtos Vexetais (ROPCIV).

A densidade mínima de plantación será de 833 plantas por hectárea e a máxima admitida será de 7.000 plantas/ha, sen prexuízo de respectar os límites dos regulamentos específicos das denominacións de orixe protexidas (DOP) ou indicacións xeográficas protexidas (IXP) como «viño da terra», só no caso de que as súas producións se destinen á obtención dos viños con DOP/IXP de Galicia.

(5) Os protectores subvencionables son proteccións para cada planta nova ou reenxertada no pé.

(6) Cando o sistema de condución previsto para a parcela reestruturada sexa parra ou similar, o solicitante deberá achegar unha descrición do dito sistema.

Non se pagarán os sistemas de condución solicitados e aprobados que, no momento da comprobación sobre o terreo, non teñan colocados os postes coa altura adecuada a cada sistema de condución e todos os pisos de arame (espaller: ata 1,4 m de altura e 2 pisos; estacada: máis de 1,4 m e 3 pisos ou máis).

(7) A elevación individualizada consiste nunha estaca ou titor vertical de madeira tratada e cunha duración mínima de dez anos, de altura superior a 1,5 metros e diámetro mínimo de 6 cm. Os gomos basais da cepa dispóñense arredor desta estaca desde os 50-60 cm. A vexetación crece en todas as direccións.

Unha vez finalizada a medida, as variedades das parcelas incluídas no plan serán só das clasificadas como recomendadas para a Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo coa clasificación do anexo VII.

ANEXO VII
Variedades de uva de vinificación recomendadas en Galicia

Cód.

Vinífera, cor*

214

Agudelo, B

106

Albariño, B

555

Branca de Monterrei, B

125

Brancellao, T

147

Branco lexítimo, B

112

Caíño branco, B

556

Caíño bravo, T

557

Caíño longo, T

213

Caíño tinto, T

363

Castañal, T

123

Dona Branca, B

118

Espadeiro, Torneiro, T

110

Ferrón, T

109

Godello, B

334

Lado, B

111

Loureira, Loureiro branco, Marqués, B

162

Loureiro tinto, T

53

Mencía, T

302

Merenzao, María Ordoña, T

126

Mouratón, T

128

Pedral, Dozal, T

113

Sousón, T

107

Torrontés, B

105

Treixadura, B

* B: branca, T: tinta

Variedades de portaenxertos

Cód.

Nome

2

R de Lot

3

196-17 CL

4

6 736 CL

5

161-49 C

7

3 309 C

8

41B M

9

420A M

10

31 R

11

99 R

12

110 R

13

5 BB T

19

333 EM

20

BCI

21

1616 C

22

13-5 EVEX

23

5A MZ

24

19-62 M

25

1 103 P

26

140 Ru

27

S04

28

101-14M