Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 20 de xuño de 2017 Páx. 30233

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 30 de maio de 2017, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se ordena a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do depósito dos estatutos por transformación por modificación do réxime xurídico da Asociación de Clubs Náuticos de Galicia (Asnauga).

En cumprimento do disposto no artigo 13 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de asociacións sindicais e empresariais desta secretaría xeral se depositaron os estatutos da Asociación de Clubs Náuticos de Galicia (Asnauga), que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: clubs náuticos ou club do mar galegos que estean legalmente constituídos e con plena capacidade de obrar e que, tras o acordo correspondente do órgano competente de cada asociación, reúnan os requisitos recollidos no artigo 7.

Asinan o certificado: Javier Ruiz de Cortázar Díaz e Jorge Aran Echabe en calidade de presidente e secretario, respectivamente.

Santiago de Compostela, 30 de maio de 2017

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego