Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 20 de xuño de 2017 Páx. 30235

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 30 de maio de 2017, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se fai público o depósito da modificación dos estatutos da Asociación de Veterinarios de Saneamento Gandeiro de Galicia (Avesga).

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e para os efectos previstos nel, faise público que na oficina pública de depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, se acordou depositar con data do 26.5.2017 a modificación dos artigos 2 (fins da asociación), 3 (domicilio), 8 (xunta directiva), 9 (elección da xunta directiva), supresión dos artigos 10 e 18, e reordenación do resto dos artigos, dos estatutos da Asociación de Veterinarios de Saneamento Gandeiro de Galicia (Avesga) co número 72-636-1999.

Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Ambito profesional: poderán ser membros os veterinarios que dalgunha maneira teñan interese en servir os seus fins e que realizasen campañas de saneamento gandeiro de Galicia, ou o seu equivalente no programa de sanidade animal ata decembro de 2001.

Asinantes: Daniel Carballo Penelas (secretario).

Santiago de Compostela, 30 de maio de 2017

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego