Execución de títulos xudiciais 46/2017
Procedemento orixe: seguridade social 1187/2013
Sobre seguridade social
Demandante: Mutua Universal
Avogada: María del Mar Gómez Balboa
Demandados: Hipescar, S.L., Campiñas de Laíño, S.A., Refojo y González, S.L.
Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 46/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia da Mutua Universal Mugenat, contra a empresa Refojo y González, S.L., Campiñas de Laíño, S.A. e Hipescar, S.L., sobre reclamación de cantidade, ditouse decreto o 30 de maio de 2017, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:
«Parte dispositiva.
Acordo:
a) Declarar os executados Hipescar, S.L., Campiñas de Laíño, S.A., Refojo y González, S.L. en situación de insolvencia total por importe de 83,62 euros en concepto de principal, máis 8,36 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.
b) Arquivar as actuacións logo da anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se en diante se coñecen novos bens do executado.
c) Proceder á súa inscrición no rexistro correspondente.
d) Levar o orixinal ao libro de decretos, deixando testemuño nas presentes actuacións.
Notifíquese ás partes e a Hipescar, S.L., por medio de edictos no DOG, facéndolle saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.
Contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que deberá interpoñerse ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3 aberta no Banco Santander, conta número 5076 0000 64 0046 17. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá ingresarse na conta número 000493569920005001274 e no campo concepto deberá indicar o número de conta 5076 0000 64 0046 17. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase e indicar no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.
Así o acorda e asina a súa señoría. Dou fe.
A letrada da Administración de xustiza».
Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.
E para que sirva de notificación a Hipescar, S.L., expido o presente.
Santiago de Compostela, 30 de maio de 2017
A letrada da Administración de xustiza