Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 20 de xuño de 2017 Páx. 30266

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 30 de maio de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a contratación da subministración sucesiva de equipamentos de infusión por gravidade e accesorios (expediente MI-EIV1-17-002).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Dirección Xeral de Recursos Económicos do Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia de Xestión Integrada de Vigo. Servizo de Contratación Administrativa.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa.

2º. Domicilio: avenida das Camelias, nº 109.

3º. Localidade e código postal: 36211 Vigo.

4º. Teléfono: 986 21 92 33.

5º. Telefax: 986 21 91 50.

6º. Correo electrónico: chuvi.contratacion.administrativa@sergas.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración sucesiva de equipamentos de infusión por gravidade e accesorios para os centros sanitarios de Xestión Integrada do Servizo Galego de Saúde.

c) División por lotes: si; 20 lotes.

d) Lugar de execución/entrega: véxanse os pregos.

e) Prazo de execución/entrega: 24 meses.

f) Admisión de prórroga: si.

g) CPV: 33141000-0.

h) Establecemento dun acordo marco: si.

3. Tramitación, procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: véxanse os pregos.

4. Valor estimado do contrato: 10.091.068,91 €.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 3.881.180,35 €. IVE: 809.277,80 €. Importe total: 4.690.458,15 €.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non.

Definitiva: 5 % do orzamento de licitación do/dos lote/s adxudicados, excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non procede.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, de ser o caso: véxanse os pregos.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite da presentación: 10.7.2017.

b) Modalidade de presentación: véxanse os pregos.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral do Hospital Nicolás Peña.

2º. Domicilio: avenida das Camelias, nº 109.

3º. Localidade e código postal: Vigo 36211.

4º. Enderezo electrónico: chuvi.contratacion.administrativa@sergas.es

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a manter a súa oferta: véxanse os pregos.

9. Apertura das ofertas:

a) Descrición: apertura pública dos sobres B e C.

b) Enderezo: sala de xuntas do Hospital Nicolás Peña; avenida das Camelias, nº 109.

c) Localidade e código postal: Vigo 36211.

d) Data e hora: publicaranse no perfil do contratante www.sergas.es

10. Gastos de publicidade: serán por conta do/dos adxudicatario/s.

11. Data de envío do anuncio o Diario Oficial de las Comunidades Europeas: 30.5.2017.

12. Outras informacións: véxanse os pregos.

Santiago de Compostela, 30 de maio de 2017

María Jesús Piñeiro Bello
Directora xeral de Recursos Económicos