Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 19 de xuño de 2017 Páx. 30020

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudo de detalle no ámbito das empresas Zelnova e Pharmamar.

O Pleno Corporativo do Concello do Porriño, en sesión extraordinaria do 9 de febreiro de 2017, adoptou o seguinte acordo:

1º. Aprobar definitivamente o estudo de detalle no ámbito das empresas Zelnova e Pharmamar, S.A., redactado polo arquitecto Marcos Fernández Álvarez Santuliano.

2º. Publicar o acordo de aprobación definitiva no Diario Oficial de Galicia e o documento que conteña a normativa e ordenanzas no Boletín Oficial da provincia e inscripción no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia en soporte dixital debidamente dilixenciado.

O que se fai público para os efectos de xeral coñecemento dos administrados, en cumprimento do disposto no artigo 88 da Lei 2/2016, do solo de Galicia.

O Porriño, 12 de xuño de 2017

Eva García de la Torre
Alcaldesa