Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 19 de xuño de 2017 Páx. 29918

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 150/2017).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 150/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Paula Sánchez Agra contra Acega Formación Continua, S.L., ditáronse as seguintes resolucións:

«Dispoño: despachar orde xeral de execución a favor da parte executante, Paula Sánchez Agra, fronte a Acega Formación Continua, S.L., parte executada, por importe de 5.592,34 euros en concepto de principal (3.976,40 euros de salarios + 1.288,79 euros de xuros do artigo 29.3 ET + 294 euros de indemnización + 33,15 euros de xuros do artigo 1.108 CC, máis outros 559,23 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, poidan devengarse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

O presente auto, xunto co decreto que ditará o/a letrado da Administración de xustiza, e copia da demanda executiva, serán notificados simultaneamente á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LAC, quedando a executada apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución, e conforme dispoñen os artigos 251.2 e 239.3 da LXS.

Contra este auto poderá interpoñerse recurso de reposición, a interpoñer ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación, no que ademais de alegar as posibles infraccións en que houbese de incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos orzamentos e requisitos procesuais exixidos, poderá deducirse a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que houberen acaecido con posterioridade á súa constitución do título, non sendo a compensación de débedas admisible como causa de oposición á execución».

«Acordo en cumprimento do requisito que se contén no artigo 276.3 e previo á estimación na presente executoria da pervivencia da declaración de insolvencia da parte executada Acega Formación Continua, S.L., dar audiencia previa á parte demandante Paula Sánchez Agra e ao Fondo de Garantía Salarial, polo prazo de quince días, para que poidan sinalar a existencia de novos bens, e do seu resultado acordarase o procedente.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición ante o/a letrado da Administración de xustiza que dita esta resolución interpoñer no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición teña efectos suspensivos respecto da resolución recorrida».

E para que sirva de notificación en legal forma a Acega Formación Continua, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción en Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións faranse fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2017

A letrada da Administración de xustiza