Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 19 de xuño de 2017 Páx. 29988

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 6 de xuño de 2017, da Dirección Xeral de Ordenación Forestal, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia da resolución do expediente sancionador MON-LU-0102/2016-ASV e catro máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (aplicable segundo o disposto na disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio para seren notificadas por comparecencia.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

As persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Dirección Xeral de Ordenación Forestal-Servizo de Xestión Forestal, situadas na rúa San Lázaro, s/n, 1º andar, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderán as persoas interesadas interpoñer recurso de alzada ante a conselleira do Medio Rural, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade cos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Transcorrido este prazo sen presentar o dito recurso, está resolución adquirirá firmeza na vía administrativa e será inmediatamente executiva de conformidade co previsto no artigo 138.3 da mesma norma xurídica.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2017

Tomás Fernández-Couto Juanas
Director xeral de Ordenación Forestal

ANEXO

Expediente: MON-LU-0102/2016-ASV.

Interesado: Diego Pumares Calvo.

Acto de notificación: resolución do procedemento sancionador.

Expediente: MON-CO-0169/2016-CAF.

Interesada: Celia López Sánchez.

Acto de notificación: resolución do procedemento sancionador.

Expediente: MON-CO-0134/2016-CAF.

Interesada: María Ramona Fernández Gómez.

Acto de notificación: resolución do procedemento sancionador.

Expediente: MON-CO-0138/2016-CAF.

Interesada: María José Rodríguez Saavedra.

Acto de notificación: resolución do procedemento sancionador.

Expediente: MON-CO-0089/2016-CAF.

Interesado: José Fiuza Agrafojo.

Acto de notificación: resolución do procedemento sancionador.