Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 19 de xuño de 2017 Páx. 29978

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 7 de xuño de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, de notificación do inicio do trámite de audiencia do expediente sancionador na orde social RL 2017/165-1.

Intentada a notificación por correo certificado aos titulares das empresas que se indican a continuación, sen que se puidese practicar, notifícaselles mediante este anuncio o inicio do trámite de audiencia, de conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Dispoñen dun prazo de oito días, a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE, durante o cal poderán comparecer nas dependencias desta xefatura territorial, na rúa Salvador de Madariaga, 9-1º (Centro Comercial de Elviña), A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, para coñecer o contido íntegro do expediente.

Efectuado o dito trámite, os suxeitos responsables poderán formular novas alegacións polo prazo doutros tres días, logo dos cales o expediente quedará visto para a proposta de resolución, de conformidade co artigo 18.4 do Real decreto 928/1998, do 14 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral sobre procedementos para a imposición de sancións por infraccións da orde social e para os expedientes liquidatorios de cotas da Seguridade Social.

A Coruña, 7 de xuño de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: RL 2017/165-1.

Acta inf.: I152017000020062.

Empresa: Pinturas Impermeabeis Ferrol, S.L.

NIF: B15733561.

Concello: Ferrol (A Coruña).

Materia: relacións laborais.

Documentos que constan no expediente:

– Acta de infracción.

– Xustificantes das notificacións.

– Alegacións da empresa.

– Informe da Inspección de Traballo e Seguridade Social.