Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 19 de xuño de 2017 Páx. 30007

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2017 pola que se anuncia a licitación para a contratación, non suxeita a regulación harmonizada, do servizo de realización da exposición De mar a mar. O Camiño de Santiago en 3D, para a itinerancia por Galicia en 2017 e por Galicia e Portugal en 2018, tramitado por procedemento aberto, pluralidade de criterios e documentalmente simplificado.

1. Entidade adxudicadora:

Organismo: Axencia Turismo de Galicia.

Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia Turismo de Galicia

2. Obxecto do contrato:

Tipo de contrato: servizo.

Descrición do obxecto: levar a cabo os traballos de produción, impresión e enmarcado de 35 fotografías en 3D, deseño e impresión de lentes e díptico en 3D, deseño e impresión de material gráfico e fabricación de caixas, transporte i/v, montaxe e desmontaxe de trinta e cinco murais e de 17 fotografías propiedade da Axencia Turismo de Galicia e o material gráfico que acompaña e seguro cravo a cravo, que cubra os elementos que conforman a itinerancia da exposición.

Prazo de execución: dezaoito meses e empezará a contar a partir da data de sinatura do contrato. Rematará en todo caso en decembro de 2018.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma de adxudicación: adxudicación baseada en pluralidade de criterios.

4. Orzamento base de licitación:

Importe sen IVE: 56.350,00 €.

IVE (21 %): 11.833,50 €.

Importe total IVE incluído: 68.183,50 €.

5. Garantías:

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, IVE excluído.

6. Obtención de documentación e información:

O prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas do servizo poderán ser examinados na Área de Contratación da Axencia Turismo de Galicia. Poderanse obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet:

http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=165023

Información sobre a contratación:

Teléfono: 981 54 02 75.

Correo electrónico: contratacion-turismo.cpr@xunta.es

7. Requisitos específicos do contratista:

Solvencia económica e financeira: deberá xustificarse polos medios sinalados na cláusula 9 do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

Solvencia técnica e profesional: deberá xustificarse polos medios sinalados na cláusula 10 do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas:

Data límite de presentación: o décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, de acordo co establecido no artigo 159 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público. Se o día de finalización do prazo é sábado, domingo ou festivo, prorrogarase ata ou primeiro día hábil seguinte.

Documentación que hai que presentar: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación de proposicións: efectuarase no rexistro da Axencia Turismo de Galicia, estrada Santiago-Noia, km 3 (A Barcia), 15897 Santiago de Compostela, en sobre pechado. Se as proposicións se cursan por correo haberá que aterse ao previsto na cláusula 13.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación: a oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuren no prego de cláusulas administrativas particulares.

Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas:

O acto público de apertura do sobre B e do sobre C terá lugar na sala de xuntas da Axencia Turismo de Galicia na data e na hora que será anunciada no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.es

10. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2017

A drectora da Axencia Turismo de Galicia
P.A. (Artigo 19.6 do Decreto 196/2012)
Mª Elena Barca Ramos
Xerente da Axencia Turismo de Galicia