Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 19 de xuño de 2017 Páx. 29940

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de resolución (ETX 35/2017).

ETX execución de títulos xudiciais 35/2017

Procedemento orixe: procedemento ordinario 143/2015

Sobre ordinario

Demandante: Carlos Rubén Fernández Rauch

Avogado: José Manuel Vales Raña

Demandado: Luis Serafín Varela Iglesias

Declaración de insolvencia.

Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que na execución seguida neste xulgado co número 35/2017, por instancia de Carlos Rubén Fernández Rauch, contra o executado Luis Serafín Varela Iglesias, sobre reclamación de cantidade, foi ditado o día 26 de maio de 2017 decreto de insolvencia no sentido de declarar o executado en situación de insolvencia total, polo importe de 1.856,19 euros de principal, máis 382,44 euros en concepto de xuros de demora, máis 223,86 euros que provisoriamente se orzan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisoria. E de conformidade co artigo 276.5 da Lei de procedemento laboral, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de maio de 2017

A letrada da Administración de xustiza