Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 19 de xuño de 2017 Páx. 30012

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 2017, da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, pola que se anuncia a licitación para a contratación do servizo de xestión e dixitalización de documentación clínica desta xerencia (expediente AB-EIC1-17-002).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde, Xerencia de Xestión Integrada da Coruña.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña.

2º. Domicilio: paseo do Xeneral Sir John Moore, 2, 1º andar.

3º. Localidade e código postal: A Coruña 15001.

4º. Teléfono: información de índole técnica: 981 17 80 00 (extensións 272332 e 272320) e información de índole administrativa: 981 17 80 73 e 981 17 80 34.

5º. Telefax: 981 17 80 32.

6º. Correo electrónico: Contratacion.XXIACoruna@sergas.es.

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es.

8º. Data límite de obtención da documentación e información: ata o último día de presentación de ofertas.

d) Número do expediente: AB-EIC1-17-002.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato de servizos.

b) Descrición do obxecto: contratación do servizo de xestión e dixitalización de documentación clínica da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña.

c) División por lotes e número de lotes: non existen lotes.

d) Lugar de execución: centros asistenciais da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña.

e) Prazo de execución/entrega: 48 meses desde a data de entrada en vigor do contrato.

f) Admisión de prórroga: si.

g) CPV: 79560000-7.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares (cláusula 6.5.1).

4. Valor estimado do contrato:

0.713.867,84 € (dez millóns setecentos trece mil oitocentos sesenta e sete euros e oitenta e catro céntimos).

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 5.494.291,20 € (cinco millóns catrocentos noventa e catro mil douscentos noventa e un euros e vinte céntimos).

b) Importe total: 6.648.092,36 € (seis millóns seiscentos corenta e oito mil noventa e dous euros e trinta e seis céntimos).

6. Garantías exixidas:

a) Provisional: non.

b) Definitiva: si. Equivalente ao 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: si. Grupo L, subgrupo 1, categoría 5.

b) Solvencia:

Solvencia económica e financeira: deberase xustificar segundo o sinalado no número 6.6.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Solvencia técnica e profesional: deberase xustificar segundo o sinalado no número 6.6.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas o de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 14.7.2017.

b) Modalidade de presentación: directamente no lugar indicado na alínea c) deste punto. Cando a proposición sexa enviada por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos ou anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da oferta mencionada mediante telegrama ou fax o mesmo día. O número de fax é o 981 17 80 32.

c) Lugar de presentación: A Coruña.

1º. Dependencia: Rexistro da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, Hospital Abente y Lago.

2º. Domicilio: Paseo do General Sir John Moore, nº 2, 2º andar.

3º. Localidade e código postal: A Coruña 15001.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a manter a súa oferta: segundo o establecido no artigo 161 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

9. Apertura de ofertas:

a) Lugar: Hospital Abente y Lago.

b) Enderezo: sala de xuntas do Hospital Abente y Lago. Paseo do Xeneral Sir John Moore, nº 2.

b) Localidade e código postal: A Coruña 15001.

c) Data e hora: as datas de celebración de apertura do sobre B relativo a criterios non avaliables de forma automática e do sobre C relativo a criterios avaliables de forma automática, publicaranse no perfil do contratante: www.sergas.es

10. Gastos de publicidade: por conta dos adxudicatarios. Ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 24.5.2017.

A Coruña, 24 de maio de 2017

Luis Verde Remeseiro
Xerente de Xestión Integrada da Coruña