Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 16 de xuño de 2017 Páx. 29686

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable

RESOLUCIÓN do 1 de xuño de 2017 pola que se anuncia a formalización do servizo de desenvolvemento de novas funcionalidades no Sistema de información analítico-tributario SIAN_TRB, mediante tramitación documentalmente simplificada.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (Cixtec).

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Xestión Económica e Réxime Interno do Cixtec.

c) Número de expediente: 2017-008.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.cixtec.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: servizo de desenvolvemento de novas funcionalidades no Sistema de información analítico tributario SIAN_TRB, mediante tramitación documentalmente simplificada.

c) CPV: 72330000-2.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: 17.3.2017.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria, documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 204.173,55 €.

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 204.173,55 €.

b) Importe total: 247.050,00 €, distribuído nas seguintes anualidades:

Exercicio 2017: 109.800,00 €.

Exercicio 2018: 137.250,00 €.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 19.5.2017.

b) Data de formalización do contrato: 29.5.2017.

c) Contratista: Altia Consultores, S.A.

d) Importe ou canon de adxudicación. Importe neto: 202.645,00 euros. Importe total: 245.200,45 euros, distribuído nas seguintes anualidades:

Exercicio 2017: 108.977,98 €.

Exercicio 2018: 136.222,47 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta máis vantaxosa unha vez aplicados os criterios de valoración recollidos no prego.

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2017

M. Mauro Fernández Dabouza
Director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria,
Económico-Financeira e Contable