Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 16 de xuño de 2017 Páx. 29541

III. Outras disposicións

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2017 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos por esta entidade pública no primeiro cuadrimestre do ano 2017.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro) establece que cada consellería ou entidade, deberá publicar cuadrimestralmente no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración asinados no cuadrimestre anterior.

Polo que antecede, en virtude das facultades que teño concedidas,

RESOLVO:

Facer pública a relación dos convenios subscritos por Augas de Galicia durante o primeiro cuadrimestre do ano 2017, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2017

Roberto Rodríguez Martínez
Director de Augas de Galicia

ANEXO
Convenio de colaboración subscrito por Augas de Galicia
durante o primeiro cuadrimestre do ano 2017

Convenio

Obxecto

Importe total do convenio

Data da sinatura

Convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Cambre para o acondicionamento, mantemento e conservación do contorno do río Mero ao seu paso polo Concello de Cambre.

Establecer as condicións da colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Cambre, respecto aos traballos de acondicionamento, mantemento e conservación nas zonas de afección e no contorno do río Mero ao seu paso polo concello de Cambre.

40.000,00 €

9.3.2017

Primeira addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia, o Consorcio para a xestión do ciclo urbano da Auga do Louro e o Concello de Salceda de Caselas para a execución da actuación «Ramal de Arrotea. Concello de Salceda de Caselas (Pontevedra)», cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural Galicia 2014-2020.

Ampliar o prazo de vixencia do convenio e, consecuentemente, realizar un reaxuste das anualidades para adecuar as estipulacións económicas ao ritmo previsto para a execución das obras.

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

13.3.2017

Primeira addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Baltar para a execución de actuacións de saneamento en Baltar. Concello de Baltar (Ourense), cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural Galicia 2014-2020.

Ampliar o prazo de vixencia do convenio e, consecuentemente, realizar un reaxuste das anualidades para adecuar as estipulacións económicas ao ritmo previsto para a execución das obras.

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

13.3.2017

Primeira addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Mondoñedo para a execución da actuación de renovación da tubaría de abastecemento na avenida de Bos Aires en Mondoñedo. Concello de Mondoñedo, cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural Galicia 2014-2020.

Ampliar o prazo de vixencia do convenio e, consecuentemente, realizar un reaxuste das anualidades para adecuar as estipulacións económicas ao ritmo previsto para a execución das obras.

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

13.3.2017

Convenio de colaboración entre o Instituto de Estudos do Territorio, a entidade pública empresarial Augas de Galicia e a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (Adega) para o desenvolvemento dun programa de educación para a sustentabilidade dos ríos (Proxecto Ríos).

Establecer as condicións que rexerán a participación e colaboración entre Augas de Galicia, o Instituto de Estudos do Territorio e Adega para desenvolvemento das actividades e actuacións planificadas para o ano 2017 no marco dun programa de voluntariado e educación para a sustentabilidade, que pretende dar resposta a unha problemática de ámbito galego (e tamén global) como é a contaminación e a deterioración dos ecosistemas fluviais (Proxecto Ríos).

50.000,00 €

28.3.2017