En cumprimento do artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do contrato que se relaciona a continuación:
1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Consellería de Economía, Emprego e Industria.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica-Servizo de Proxectos e Obras.
c) Número de expediente: 7/2016 SXE.
d) Enderezo na internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo de contrato: servizo.
b) Descrición: servizo consistente na realización de actividades de dinamización, formación e asesoramento de proxectos de emprendemento colectivo no marco da Rede Eusumo de promoción do cooperativismo e a economía social.
c) División por lotes: non.
d) CPV: 98390000-3 Outros servizos.
e) Acordo marco: non.
f) Tipo de fondo: orzamentos xerais da Comunidade Autónoma correspondentes á Consellería de Economía, Emprego e Industria.
g) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia (DOG).
h) Data de publicación do anuncio de licitación: 2 de xaneiro de 2017.
3. Tramitación e procedemento:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto e non suxeito a regulación harmonizada.
4. Valor estimado: seiscentos dezaoito mil euros (618.000,00 €) incluída a posible prórroga (excluído o imposto sobre o valor engadido).
5. Formalización do contrato:
a) Data de adxudicación: 27 de abril de 2017.
b) Data de formalización: 24 de maio de 2017.
c) Contratista: Estrategia y Organización, S.A.
d) Nacionalidade: española.
e) Importe de adxudicación: 216.238,20 € + 45.410,02 € (IVE 21 %) = 261.648,22 €.
Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2017
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria
P.D. (Orde do 10.6.2016)
Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía, Emprego e Industria