1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.
c) Obtención de documentación e información:
1º. Dependencia: Subdirección Xeral de Contratación e do Patrimonio.
2º. Domicilio: San Lázaro, s/n.
3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
4º. Teléfono: 881 99 53 85.
5º. Telefax: 881 99 93 26.
6º. Correo electrónico: tramitacion-contractual.cmot@xunta.es
7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:
http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=171428
8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata as 14.00 horas do último día de presentación de ofertas.
d) Número de expediente: 12/2017 CA.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo: servizo.
b) Descrición: servizo para a elaboración da Estratexia galega fronte ao cambio climático 2050.
c) Prazo de execución: 10 meses.
d) Admisión de prórroga: non.
e) CPV (referencia de nomenclatura): 79421200-3, 90712000-1.
3. Tramitación e procedemento:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Criterios de adxudicación: os especificados na cláusula 3.6.1 do prego de cláusulas administrativas particulares e no número 10 do seu cadro de características.
4. Valor estimado do contrato: 180.000,00 €.
5. Orzamento base de licitación:
a) Importe neto: 180.000,00 €. Importe total: 217.800,00 €.
6. Garantías exixidas:
Definitiva: 5 % do orzamento de adxudicación, excluído o IVE.
7. Requisitos específicos do contratista:
a) Clasificación: non se exixe.
b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a especificada no número 5.2. do cadro de características e a cláusula 3.3 do prego de cláusulas administrativas particulares.
8. Presentación de ofertas:
a) Data límite de presentación: 15 días naturais contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de presentación coincide en sábado ou día inhábil, o prazo de presentación rematará o primeiro día hábil seguinte.
b) Modalidade de presentación: a sinalada na cláusula 3.4 do prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación:
1º. Dependencia: Rexistro da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.
2º. Domicilio: San Lázaro, s/n.
3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
d) Admisión de variantes: non.
e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura de proposicións. O devandito prazo ampliarase en quince días hábiles cando sexa necesario seguir os trámites a que se refire o artigo 152.3 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.
9. Apertura de ofertas:
a) Descrición: apertura pública.
b) Enderezo: San Lázaro, s/n.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
d) Data e hora: publicaranse no perfil do contratante a data e a hora da apertura dos sobres B e C.
10. Subcontratación: de acordo co establecido na cláusula 6.2. do prego de cláusulas administrativas particulares.
11. Gastos de publicidade: o importe dos gastos de publicidade será por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2017
María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Medio
Ambiente e Ordenación do Territorio