Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 16 de xuño de 2017 Páx. 29622

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 26 de maio de 2017 polo que se notifica a resolución recaída no recurso de alzada RA/XP/2013/00008 en materia de xogo.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ao titular do establecemento que se especifica no anexo a resolución do recurso de alzada que se relaciona, interposto contra a resolución recaída no expediente de denuncia de validez da autorización de instalación e localización (AIL) códigos P48274 e P47884, por non ser posible a súa notificación por correo certificado.

Para coñecer o contido íntegro da resolución que se sinala no anexo a este anuncio o interesado poderá comparecer no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Servizo Técnico-Xurídico da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, situadas no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Este anuncio publícase para que conste e lle sirva de notificación ao interesado en cumprimento do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Así mesmo, ponse en coñecemento do interesado que a resolución relacionada no anexo esgota a vía administrativa e poderá interpor recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo correspondente no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da súa notificación, e sen prexuízo de que poida presentar calquera outro recurso que considere conveniente.

Santiago de Compostela, 26 de maio de 2017

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza

ANEXO

Código expediente

Recorrente

Enderezo

Establecemento

Acto notificado

Sentido do acto notificado

P48274 e P47884

Lesly Johanna Villada Orozco

R/ Doutor Moreira Casal, nº 4, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)

Planeta Hot Dog

Recurso de alzada denuncia validez AIL

Desestimatorio