Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 16 de xuño de 2017 Páx. 29584

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 7 de xuño de 2017, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se publica o anuncio da convocatoria de concurso público de méritos para cubrir postos de asesores do Servizo de Formación do Profesorado, Centro Autonómico de Formación e Innovación e dos centros de formación e recursos.

De acordo co previsto no artigo 10.3 do Decreto 74/2011, do 14 de abril, polo que se regula a formación permanente do profesorado que imparte as ensinanzas establecidas na Lei orgánica de educación (LOE), en centros educativos sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia.

A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos resolve anunciar:

Primeiro.

Que na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (www.edu.xunta.es/portaleducativo) estará dispoñible a convocatoria de concurso público de méritos para cubrir postos de asesores do Servizo de Formación do Profesorado, Centro Autonómico de Formación e Innovación e dos centros de formación e recursos.

Segundo.

Que o prazo de presentación de instancias será de dez días naturais a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro.

Que deberán cubrir a solicitude que figura como anexo I da convocatoria e dirixila á Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2017

José Manuel Pinal Rodríguez
Director xeral de Centros e Recursos Humanos